Campaña 2016

25 de novembro, Día contra a violencia machista

Hoxe, 15 de novembro de 2016 lanzamos a campaña “Primeiro Acoso” en redes sociais baixo o paraugas do hashtag #PrimAcoso (primeiro acoso).

A dinámica desta campaña consiste en convidar ás mulleres a compartir en redes sociais (principalmente en twitter e Facebook) o seu primeiro recordo de se sentiren acosadas, amezadas ou inferiores polo simple feito de ser mulleres. Queremos que se compartan esas situacións nas que por primeira vez, nos sentimos intimidadas ou minorizadas pola nosa condición.

Os obxectivos desta campaña son, entre outros:

  • Obxectivo 1: Visibilizar a base da pirámide da violencia. Estes microacosos, estas pequenas agresións, estas leves humillacións que moitas veces preferimos ignorar, van normalizando comportamentos máis violentos que seguimos asumindo nunha espiral de adormecemento que pode derivar nunha situación de non retorno.
  • Obxectivo 2: Entender que todas as mulleres estamos no mesmo barco, que todas sentimos e sufrimos nalgún momento. Que non estamos soas. Que non é cousa da nosa imaxinación. Que é real.

Para dar comezo á campaña, a concelleira de Igualdade e Benestar Social do Concello de Pontevedra, Carmén Fouces Díaz, publicou o primeiro twit co hashtag #PrimAcoso co seguinte texto:

6 anos. Un veciño que estudaba no seminario volvía as fines de semana. Sentábame no colo e acariciábame as pernas #PrimAcoso

Outros elementos da campaña: