Campaña 2017

“Invisibles”, sete historias reais de mulleres comúns maltratadas polas súas parellas é este ano o acto central da programación de actividades previstas pola Concellaría de Igualdade con motivo do 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia machista.

Invisibles xunto ao un grupo de actividades complementarias baixo o epígrafe Nós e programadas en coordinación coa Deputación provincial, van dirixidas a crear conciencia social, combater a violencia machista e avanzar na igualdade.

Presentación do Libro Invisibles

Teatro Principal.

A visibilización e empoderamento das mulleres artistas guía a campaña do 25-N de 2017, que promoven o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial coa coordinación da firma local “Martina Dadá”. Baixo o lema NÓS-Feminino Plural ponse en marcha un “ambicioso e amplo” programa cultural de actividades dirixidas a crear conciencia social, combater a violencia machista e avanzar na igualdade.

Poesía, perfomance, debate, música, roteiros pola cidade, teatro, un concurso terán cabida en NÓS, cuxas actividades desenvolvéronse do 14 ao 22 de novembro.

Intervención poética “Recuperar as mans”

Performance P-Persoa Ola 1 de Teresa Búa. Na Praza da Peregrina

Charla coloquio “A muller na escena musical”

Concerto. As mulleres músicas de Pontevedra. Teatro Principal

Roteiro pola cidade. Cunca e nécora especial NÓS Turiña

A muller-artista e o Patrimonio Cultural en Pontevedra. Deputación de Pontevedra. Mercado de Abastos de Pontevedra

Maratón teatral.

Fin de mes. Aula de teatro do CIM

Maratón teatral.

Puedes llorar los viernes. Vicky Estévez