Inicio Actividades As mulleres que opinan son perigosas – 2019

As mulleres que opinan son perigosas – 2019

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Data: Venres 1 e sábado 2 de marzo de 2019

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos periódicos, nos que as firmas son un 80% masculinas, nas tertulias, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais.

A pesares desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciados durante anos.

Por segundo ano consecutivo, deseñamos un foro que reúne a esas mulleres, de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do periodismo e a escritura que reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

As quince invitadas suman case medio millón de seguidores e seguidoras en Twitter, unha audiencia á que chegaremos dende Pontevedra a través das súas intervencións no Teatro Principal.

REDES SOCIAIS

6,205FansGóstame
907SeguidoresSeguir
413SuscritoresSuscríbete

VENRES 1 DE MARZO

11:00 h Inauguración
As xornalistas Diana López e Susana Pedreira conversan coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

11:30 h Chus Gómez “A opinión na prensa local”
Xornalista. Opinión en Diario de Pontevedra

12:15 h Lorena G. Maldonado “A polémica está servida. Crítica cultural e televisiva”
Xornalista. Directora da sección de Cultura en El Español

13:00 h M.ª Xosé Porteiro “A habitación propia dunha pioneira”
Xornalista. Opinión en La Voz de Galicia desde 1993

13:45 h Gemma Herrero “Mulleres falando de pelotas: opinión deportiva”
Xornalista deportiva. Opinión en A la Contra, El Confidencial, Mundo Deportivo e Rac 1

14:30 h Pausa para xantar

17:00 h Carmen Magdaleno “Opinión en redes. De retuits e favs”
Xornalista. Opinión en blog (lamagdaleno.com) e redes. Colabora en medios alternativos como Kamchatka, La Marea, CTXT ou Antipersona

17:45 h Ana Requena Aguilar “Novas responsabilidades nas redaccións: xefa de xénero”
Xornalista. Cofundadora en 2012 de El diario.es. Desde setembro de 2018 é redactora xefa de xénero. En 2014 creou o blog Micromachismos. Premio Comunicación Non Sexista 2015

18:30 h Descanso

19:00 h Ana Romaní “Promovendo a opinión cultural. Feminismo crítico e compromiso social desde a comunicación cultural”
Xornalista. Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2018

19:45 h Pepa Bueno “A muller que manda na radio matinal de España”
Xornalista. Directora de Hoy por Hoy na Cadena Ser

20:45 h Despedida

SÁBADO 2 DE MARZO

10:30 h Benvida “Un ano despois. Como cambiamos desde o pasado 8-M?”
Diana López, Susana Pedreira e Inma López Silva, coordinadora do libro Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo, unha memoria colectiva do 8 de marzo de 2018

11:00 h Irene Bascoy “Opinión para a análise política na prensa galega”
Xornalista. Xefa da sección Galicia en Faro de Vigo

11:45 h Lucía Mbomio “Opinión e xornalismo para entender a complexidade, circunstancias e vida das mulleres negras”
Xornalista. Opinión en El País. Reporteira do programa Aquí la Tierra de TVE. Colaboradora de Afroféminas, comunidade en liña para mulleres negras/afrodescendentes

12:30 h Tati Moyano e Tareixa Navaza “Xornalistas en defensa dos medios públicos”
Tati Moyano é xornalista na CRTVG.
Tareixa Navaza é xornalista xubilada. Pioneira na radio e televisión galegas, un dos primeiros nomes femininos que entraron nas redaccións do mundo audiovisual

13:15 h Towanda Rebels “Opinión multimedia. Risa e ironía contra privilexios”
Teresa Lozano e Zua Méndez. Autoras do libro #HolaGuerrera (Editorial Aguilar). Creadoras do vídeo viral #HolaPutero (case 1 millón de visualizacións en YouTube)

14:30 h Pausa para xantar

16:30 h Presentación do colectivo de xornalistas galegas “En defensa dun xornalismo con perspectiva feminista”
Colectivo de máis de 200 mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación que desenvolven a súa actividade en Galicia. O seu obxectivo é a defensa do xornalismo con perspectiva de xénero externa e interna

17:00 h Marta Sanz “Opinando desde o feminismo. Novas linguaxes”
Doutora en Filoloxía. Escritora. Opinión en El País. Gañadora dos premios Ojo Crítico e Herralde de Novela. O seu último libro é Monstruas y centauras. Nuevos lenguajes del feminismo (Anagrama)

17:45 h Despedida

Ana Requena Aguilar

Ana Requena Aguilar (Madrid, 1984).

Xornalista. Actualmente redactora xefa de Xénero de eldiario.es. Foi parte do equipo fundador do xornal en 2012, medio no que traballa desde aquela.

Dedicouse especialmente a cuestións económicas e sociais: dereitos laborais, coidados e mercado laboral, feminismo, conciliación ou violencia machista. En 2014, lanzou o blog Micromachismos como parte de eldiario.es, que lle valeu varios recoñecementos, como o Premio de Comunicación Non Sexista 2015 da Asociación de Mulleres Xornalistas de Cataluña. Coordina tamén Nidos, a sección de novas familias, crianza, maternidade e paternidade de eldiario.es. É coautora de varios libros sobre comunicación e xénero e imparte talleres e charlas ao respecto.

Antes de eldiario.es, pasou polo xornal Público, AmecoPress (a primeira axencia de noticias con perspectiva de xénero en España), a revista Tiempo, Europa Press e o Instituto Internacional de Investigacións e Capacitación para a Promoción da Muller das Nacións Unidas (UN-INSTRAW) na súa sede na República Dominicana.

Escribiu crónicas e reportaxes sobre a trata de mulleres e os ataques co ácido en Bangladesh, os feminicidios en México ou a violencia de xénero en Gaza. Ten participado en varias campañas e grupos de traballo, como a organizada por Oxfam Intermón no Congreso de Xornalismo Dixital de Huesca en 2017 sobre o tratamento das violencias contra as mulleres nos medios.

Twitter: @RequenaAguilar

Ana Romaní

Ana Romaní (Noia, 1962) escritora e xornalista, 

No ano 1989 incorpórase á redacción da  Radio Galega. Desde 1990 ata xuño de 2018 dirixiu nesta emisora o programa “Diario Cultural”, un espazo diario de información cultural.

Polo seu labor profesional recibiu entre outros galardóns o Premio Atlantida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya (2008) Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2009),Premio da Gala do Libro Galego á Traxectoria Xornalismo Cultural (2018),Premio da Crítica Galicia a Iniciativas Culturais (2018) e Premio Nacional de Xornalismo Cultural (2018)

Interesada pola permeabilidade da radio ás escritas literarias e ás dinámicas da creación contemporánea  desde o Diario Cultural promoveu e coordinou os proxectos Narradio. 56 historias no ar ( Xerais 2003), o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico e De Cantares Hoxe Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2013)

Autora dos poemarios Palabra de Mar (987), Das ultimas mareas ( 1994) , Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005), Estremas ( 2010). Desenvolve no poético distintos proxectos vinculados á dicción e o oral do poema e a súa expresión no espazo público. 

Participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada e na da asociación Mulleres Galegas na Comunicación. Vinculada ao activismo feminista desde o ano 1980, intégrase e participa en diversos colectivos e plataformas. 

Carmen Magdaleno

carmen-g-magdaleno-web

Carmen Magdaleno (Pontevedra, 1986). Licenciada en xornalismo (2008) e Máster en Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela (2009). Traballou como xornalista na edición do Morrazo de Faro de Vigo e na revista cultural galega A Nosa Terra. A maior parte da súa carreira profesional desenvolveuse como consultora en diferentes empresas de comunicación e publicidade.

Actualmente traballa como asesora de comunicación para o grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida no Concello de Lugo. Escribe, di, para (sobre)voar os límites da cidade amurallada na que (sobre)vive. Colabora con artigos de opinión en medios alternativos como Kamchatka, La Marea, CTXT ou Antipersona e é blogger en lamagdaleno.com.

Autodefínese como partidaria en prácticas contra o capitalismo patriarcal. A súa maior paixón é a crítica cultural (especialmente cinematográfica e literaria) con perspectiva de xénero.

É unha activista feminista e abolicionista na Plataforma Feminista de Lugo e na Plataforma Cidadá contra a Impunidade da Carioca.

Web: www.lamagdaleno.com

Twitter: @magdalenaproust

Chus Gómez Dorrego

Chus Gómez Dorrego (Portas, 1978). Xornalista. Licenciouse en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2000.

Despois dun primeiro contacto co xornalismo local en La Voz de Galicia (1999) incorporouse ao ano seguinte a Diario de Pontevedra, onde foi a primeira muller na sección de Deportes da historia do xornal pontevedrés. 

En 2001 foi nomeada correspondente da comarca Ulla-Umia, tras abrirse esta nova delegación no periódico. Nela estivo 13 anos, durante os que se puxo en marcha o suplemento Diario de Caldas e no que se iniciou no xénero da opinión. 

En 2014 incorpórase á sección de Local para encargarse da información de Veciños e Educación, na que continúa na actualidade. 

Desde outubro de 2018 escribe un artigo de opinión semanal.

Twitter: @ChusG_Dorrego

Diana López Varela

Diana López Varela (Pontevedra, 1986). Xornalista e guionista. Traballou en prensa escrita, radio, televisión e gabinetes de comunicación. Actualmente compaxina o seu traballo de guionista de ficción en Voz Audiovisual con colaboracións como columnista en Publico.es e outros medios.

Coguionizou os documentais Explosión de series (Canal Plus) e 25 anos de cinema galego (TVG); as películas Mañana no te olvides (República Dominicana), Memorias de un hombre en pijama (nominada nos Goya 2019 como mellor flme de animación) e O home e o can (en produción); o espectáculo teatral One Night Only (dirixido por Carlos Vermut); a webserie Clases de lo social e a curtametraxe musical Superpunky.

Escribiu e dirixiu a obra de teatro No es país para coños e a curtametraxe Feminazi.

Escribiu o libro No es país para coños (Editorial Península, 2016), que xa vai pola súa sexta edición. En maio de 2019 sairá á venda o seu segundo libro sobre as dúbidas, medos e o rexeitamento que provoca a maternidade nas mulleres da súa xeración. 

Twitter: @DianaLovar

Gemma Herrero

Gemma Herrero (Madrid, 1972). Periodista deportiva.

Comenzou a traballar aos 18 en Europa Press e en pequenas emisoras onde xa se especializou en deporte. En 1996 entrou no diario Marca, onde estivo 17 años coa información do Real Madrid, entrevistas e reportaxes. Incorpórase á redacción en Barcelona cubrindo principalmente a información do FC Barcelona no 2003. Desde o ano 2014 deixa o diario e comenza unha nova etapa como xornalista autónoma.

Actualmente colabora con Mundo Deportivo, onde realiza unha sección semanal dedicada a falar de mulleres deportistas, con El Confidencial, A la Contra e Fot-li Pou. Tamén colabora con medios audiovisuais como TV3 e na radio con RAC 1 e Catalunya Ràdio.

Retransmitiu como comentarista o pasado verán o Campionato de Europa de Natación en Eurosport.

Premio 2018 da Associació de Dones Periodistas de Catalaunya (ADPC) na categoría de Deportes por ‘Buenas prácticas en comunicación no sexista’.

Twitter: @gemmaherrero

Irene Bascoy Suárez

Irene Bascoy Suárez (Hannover, 1973). Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago. 

Comezou a súa carreira como xornalista en prácticas na TVG e en El Correo Gallego . O seu primeiro contrato foi na prensa escrita, como redactora de El Correo Gallego, onde comezou especializándose en temas de Educación e Universidade, pasando posteriormente á sección de Política.

En decembro de 2006, incorpórase á delegación do Faro de Vigo en Santiago e en setembro de 2009 abriu unha nova etapa como xefa de sección de Galicia, pero xa desde redacción do xornal Vigo. 

Desde maio de 2015 comezou a asinar a crónica política que, en xaneiro de 2016, acabou converténdose nunha crónica de domingo ilustrada por Gogue.

Lorena G. Maldonado

Lorena G. Maldonado (Málaga, 1991). Estudou Xornalismo e Dereito. 

Actualmente dirixe a sección de Cultura do diario El Español. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas céntranse en temáticas como literatura, música, feminismo e liberdade de expresión.

Todos os sábados publica unha columna titulada ‘Desórdenes’ en El Español.

Twitter: @lorenagm7

Lucía Asué Mbomío Rubio

Lucía Asué Mbomío Rubio (Madrid, 1981). Xornalista. Licenciada en CC da Información (Universidade Complutense de Madrid), diplomada en Guión e Dirección de documentais (Instituto de Cine de Madrid) e Máster en Desarrollo e Axuda Internacional (Universidade Complutense).

Dirixiu documentais e traballou como reporteira en Telemadrid, Antena 3 e TVE1, en programas como Madrid Directo, Españoles en el Mundo ou Aquí la

Tierra de TVE1. Tamén pasou pola Televisión de Guinea Ecuatorial, TVGE,

onde realizou varios reportaxes de índole cultural ou social e guionizou a primeira serie de debuxos animados do país. Grazas ao seu traballo, ten gravado en cerca de 40 países.

Ten unha columna semanal no periódico El País, titulada Barrionalismos e

colabora con outros medios escritos como Ctxt, Afroféminas, Mundo Negro, Negrxs magazine, Global voices e Píkara.

Ademais, ten un canal de YouTube base da súa investigación sobre

representación e construción identitaria da poboación negra en España chamado Nadie nos ha dado vela en este entierro; e fixo vídeos para o canal de BUZZFEED Lola (sección feminista e en español do medio estadounidense) nos que se centra na especificidade das mulleres negras en diversos ámbitos.

En 2017 escribiu “Las que se atrevieron”; un libro no que fala de mulleres

españolas que nos anos 60 e 70 casaron con homes negros. Ese mesmo ano, lanzou o seu primeiro documental gravado integramente co móbil , “Estás en tu casa”, no que fala do encontro entre África e a súa diáspora en Colombia. A súa intención é demostrar que a falta de equipo técnico non debe ser un obstáculo para contar as nosas propias historias.

Na actualidade, forma parte do grupo internacional de expertos

afrodescendentes Afroinnova, xestionado pola organización colombiana Manos Visibles e combina o seu labor periodístico co de docencia e divulgación en espazos coma o Festival Afroconciencia, a Universidade de Zúrich, a de León, a Complutense, a de Münster, a Oberta de Catalunya, a Escuela Diplomática de Madrid, a Universidade Autónoma de Barcelona ou a Universidade Cheikh Anta Diop, de Dakar.

En 2018 deu unha charla TedX que levou por nome “¿Existen las razas?”, en

decembro de 2017, foi escollida polo blog “África no es un país”, do diario “El País” unha das mulleres africanas máis destacadas do ano e no 2013 unha das 30 afroeuropeas segundo a lista Thompson Reuters (Lloyds Banking Group ).

Twitter: @luciambomio

María Xosé Porteiro

María Xosé  Porteiro (Madrid, 1952). Xornalista e escritora, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, pertence ao Plenario do Consello da Cultura Galega desde 2014, onde coordena a Comisión de Igualdade e forma parte do seu órgano de goberno desde xullo deste ano.

Comezou a sua andaina xornalística a fins da década dos 70. Entre outros medios, traballou en El Pueblo Gallego, El País, Radio Popular, La Voz de Galicia ou a Cadena SER. Na actualidade segue publicando artigos de opinión en medios escritos como La Voz de Galicia na súa columna Habitación Propia, e en dixitais de ampla difusión entre os que cabe destacar a Tribuna feminista-El Plural, onde publicou numerosos artigos e ensaios sobre este tema. Esporadicamente colaborou con  The Washington Post, para a súa edición en español: O Mundo Latino.

Ten unha ampla experiencia como xestora cultural. Dirixiu o Museo do Ferrocarril de Madrid e a Comunicación Corporativa da Fundación dos Ferrocarrís Españois. Creou e foi a primeira directora xerente da empresa compostelá que organizou a Capitalidade Cultural Europea desta cidade no  ano 2000 .

Ten unha ampla traxectoria política entre 1987 e 2009. Foi concelleira en Vigo en dúas ocasións, onde creou a primeira Concellería da muller e a primeira Casa Refuxio para Mulleres Maltratadas de Galicia, en Vigo. Foi unha das primeiras do Estado español, en 1987. Deputada no Parlamento autonómico de Galicia en dúas lexislaturas e Deputada no Congreso español. Foi a primeira Delegada no exterior do goberno de Galicia, con sedes en Buenos Aires e Montevideo, entre 2007 e 2009. 

Observadora electoral acreditada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, presidiu misións internacionais en Líbano e Venezuela e participou como convidada na delegación do Parlamento Europeo en Bosnia. 

Webmxporteiro.wordpress.com

Twitter: @mxporteiro

Marta Sanz

marta-sanz-web

Marta Sanz (Madrid, 1967) é doutora en Filoloxía e imparte clases na Escola de escritores de Madrid. Columnista en El País.

Publicou coa editorial Debate as novelas: El frío, Lenguas muertas e Los mejores tiempos (Premio Ojo Crítico de RNE en 2001). En 2003, aparece en Destino, Animales domésticos, e en 2006 queda finalista do premio Nadal con Susana y los viejos. Participou con relatos en varios volumes colectivos e obtivo o premio Vargas Llosa- NH na súa XI edición. Colabora con El País, Babelia, El viajero e a revista Mercurio. É autora dunha antoloxía de poesía española contemporánea: Metalingüísticos y sentimentales (Biblioteca Nueva). 

En 2008, publica a novela autobiográfica La lección de anatomía (RBA) que é reeditada nunha nova versión por Anagrama (2014), e en 2009 edita e prologa El libro de la mujer fatal (451). Ao longo do 2010 aparecen os poemarios Perra mentirosa e Hardcore (Bartleby) e a súa novela Black, black, black, protagonizada polo detective Arturo Zarco, en Anagrama. En 2012 Caballo de Troya reedita a súa primeira novela, El frío, e Anagrama publica Un buen detective no se casa jamás, nova entrega das aventuras de Zarco, cuxa tradución ao italiano ten unha excelente acollida. Do 2013 son o poemario Vintage (Bartleby), Premio da Crítica de Madrid, e Daniela Astor y la caja negra, novela galardoada cos premios Tigre Juan, Cálamo-Otra mirada e Estado Crítico. En 2014 publica o ensaio No tan incendiario (Periférica), reeditado en 2019, e a novela Amour Fou (La pereza ediciones), reeditada no 2018 por Anagrama.

No 2015 aparece o cancioneiro Cíngulo y estrella (Bartleby) e gaña o premio Herralde de novela con Farándula,  elixida mellor novela española do ano por Babelia e El cultural. En 2016 escribe para a Fundación José  Manuel Lara o ensaio Éramos mujeres jóvenes e regresa aos xéneros autobiográficos con Clavícula (Anagrama).

A súa última obra é Monstruas y centauras. Nuevos lenguajes del feminismo (Cuadernos Anagrama).

Artículos El País: elpais.com/autor/marta_sanz/a

Pepa Bueno

Pepa Bueno (Badajoz,1964). Xornalista. Directora do programa “Hoy por hoy” na Cadena Ser.

Comenza a súa carreira profesional nos servizos informativos de Radio Nacional de España- Extremadura onde acaba sendo xefa de informativos en RNE-Aragón, ao mesmo tempo que colabora co xornal.

Nos anos 80 asume tamén a xefatura de informativos de Radio Nacional en Madrid e en 1991 incorpórase á Televisión Española. Na televisión pública comenza á fronte dos informativos nos centros territoriais de Andalucía e de Madrid.

En setembro de 1996 asume a subdirección e co-presentación do programa de actualidade Gente. É no ano 2004 cando Pepa Bueno retorna aos servizos informativos presentando o programa diario de entrevistas e actualidade política “Los desayunos de TVE”, labor que desenvolveu ata 2009. 

A partires de setembro de 2009 encárgase da edición e presentación da 2ª edición do Telediario na TVE, cargo no que permanece ata 2012.

Trala súa saída de Televisión Española, Pepa Bueno volve ao medio no que comenzou a súa carreira como xornalista, asumindo en setembro de 2012 a dirección do programa líder da radio española Hoy por hoy da Cadena SER. Dirixe e presenta o primeiro tramo do programa, centrado na actualidade, sendo a única muller ao mando dun programa de emisión estatal na radio matinal do noso  país.

Web: cadenaser.com/programa/hoy_por_hoy/el_editorial_de_pepa_bueno/

Twitter: @PepaBueno

Susana Pedreira

Susana Pedreira (Vitoria – Gasteiz, 1983). Xornalista. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

Comezou traballando en comunicación empresarial e institucional. No ano 2010 incorpórase é redacción de Onda Cero en Galicia.

Dirixe e presenta o programa local diario “Pontevedra na Onda” desde hai oito anos. En setembro de 2015 asume a coordinación do programa “Gente Viajera de Galicia”, magazine semanal centrado no turismo, ocio, cultura e gastronomía. Ademais, desde 2016 forma parte da programación nacional de Onda Cero co programa “Un alto en el camino”, catro horas de directo nas mañás da fin de semana que cada verán se emite desde Pontevedra para todo o Estado.

É co-fundadora do congreso “As mulleres que opinan son perigosas”. En marzo de 2018 celebrouse a primeira edición no Teatro Principal, convertendo a Pontevedra durante dous días na capital do xornalismo de opinión con sinatura de muller. O foro conseguíu ser Trending Topic nacional nas redes. 

Web: www.ondacero.es/programas/un-alto-en-camino/

Twitter: @SuPedre

Tareixa Navaza

tareixa-navaza-webTareixa Navaza (Santiago de Compostela, 1947). Xornalista. Pioneira na radio e televisión galega, un dos primeiros nomes femininos que entraron nas redaccións do mundo audiovisual.  En 1984 relata en TVE o regreso dos restos de Castelao, un fito na historia da comunicación en Galicia. Navaza representa a concepción dun xornalismo implicado coa sociedade do seu tempo. 

Comezou a traballar en Radio Galicia-SER a finais do 65. A partir de 1970 dirixe e presenta “Horas jóvenes”, un programa de dúas horas, diario, feito na súa case totalidade por universitarios. Neses anos convértese na voz de Galicia en programas estatais  como Hora 25, Matinal Cadena Ser e Los 40 Principales. Recibe o Premio Nacional de Radio

En 1973 comeza a traballar na delegación galega de TVE con Luís Mariñas como director, compaxinando radio e televisión ata 1980. Neses anos colabora tamén en La Voz de Galicia cunha entrevista semanal. Como xornalista na televisión pública realiza informativos, magazines, mesas redondas, entrevistas, deportes, o tempo, etc… A transmisión da chegada dos restos de Castelao e a lectura dos comunicados dos traballadores do sector naval teñen consecuencias para ela como profesional: sofre a censura de TVE e é retirada aos corredores e a ler textos escritos por outros compañeiros.

Ademais do xornalismo na radio e televisión, a súa sinatura aparece en numerosos artigos de opinión e entrevistas en medios diarios como El Correo Gallego ou La Voz de Galicia, no semanario A Nosa Terra ou en publicacións como Andaina, revista feminista

En 1994 entra no Consello de Administración da CRTVG, do que forma parte durante dúas lexislaturas. En 2002 incorpórase de novo a TVE en Galicia, sendo Carmen Cafarell directora xeral. Nesa nova etapa, encárgase dun programa de hora e media dedicado á Real Academia Galega no seu centenario; e ademáis “Arredor de nós”, una serie de doce programas dedicados a outros tantos perxonaxes galegos.

No 2005 é unha das afectadas polo ERE aplicado en RTVE, que afectou a outros cinco mil profesionais. 

Tati Moyano de Beça

Tati Moyano de Beça ( O Porriño, 1977 ). Xornalista. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola en Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid. Postgrado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Comezou a súa carreira de xornalista como bolseira nos informativos da TVG onde, xa nos comezos, fixo labores de co-presentación en programas e conexións en directo para os informativos. Traballou de guionista en CTV e de redactora en Mediapro para TVE. 

No ano 2003 volve á TVG onde traballa ininterrompidamente ata hoxe. Pasou por diferentes postos dos informativos tanto como redactora, redactora de directos ou presentadora. Conduciu o Telexornal Noite, o Galicia Noticias Serán, A Revista, Programas Especiais e en distintas temporadas o Telexornal Serán. Desde xullo de 2018 xa non está á fronte deste informativo e na actualidade desenvolve o labor de redactora de informativos na TVG. 

Puntualmente compaxina o seu traballo de xornalista na canle pública co de mestra de cerimonias ou condutora de eventos.

Twitter: @Tati_Moyano 

Towanda Rebels

Towanda Rebels é un canal de comunicación feminista formado pola actriz e xornalista Teresa Lozano e a tamén actriz e humanista, Zua Méndez. 

Ambas son activistas, comunicadoras e, ante todo, dúas amigas que un día decidiron romper o silencio e comenzar a falar e a escribir sobre a opresión da muller co fin de acelerar a súa liberación en tódolos ámbitos. Comenzaron a traballar facendo activismo coas ferramentas ao seu alcance: un móbil, un ordenador para editar, as redes sociais e o máis importante: millleiros de ideas e un desexo de comunicar e de cambiar o que lles revolvía no máis fondo. Así naceu Towanda Rebels, un canal que pretende ser un altavoz do grito feminista radical (radical de raíz) e no que son especialmente críticas coa mercantilización do corpo da muller e a violencia machista que aínda sofrimos as mulleres só polo feito de selo. 

Lanzaron varias campañas en redes que conseguiron viralizarse: #YoTeCreo, en apoio á vítima da Manada e cuestionando a Xustiza Patriarcal; #ManadaPorno, establecendo a relación entre o consumo xeralizado dun porno cada vez máis violento e cada vez a idades máis temperás coa proliferación de manadas de depredadores sexuais; e #MafiaReprodutiva, sobre o negocio que hai ao redor da xestación subrogada ou, como elas prefiren dicir,os ventres de alugueiro. Pero sen dúbida, a súa campaña más polémica ata a data foi #HolaPutero, onde resitúan o debate da prostitución e poñen o foco sobre o consumidor (aínda que para elas este termo non procede, porque as mulleres non somos obxectos a consumir) e fano cunha linguaxe directa e sen pelos na lingua. O seu compromiso coa abolición da prostitución é claro. 

O seu éxito como comunicadoras levounas a realizar charlas para adolescentes en centros educativos e universidades (Aragón, Oviedo, Castellón, Granada, Salamanca, entre outras) así como a impartir formacións en igualdade de xénero a profesorado da Xunta de Galicia. Tamén compartiron  activismo xunto a organizacións como Médicos del Mundo (con quen compartiron a campaña “Yo no soy putero”), APRAMP ou Fundación Atenea e realizaron diversas charlas en concellos (como os de Sevilla, Calvià, Ibiza, Ribadeo…)

Así mesmo, colaboran con RNE co seu propio micro espazo feminista nas ondas “Towanda XXPress” no programa “El Gallo que no cesa” e  participaron no libro da escritora e crítica de cine Pilar Aguilar Carrasco ‘Debate prostitución: 18 voces abolicionistas’. 

O pasado xuño publicaron o seu  libro “#HolaGuerrera, Alegatos Feministas para la Revolución” (Editorial Alguilar) invitándonos á acción, a darnos conta de todo o que aínda nos oprime e a que nos movilicemos para cambialo. 

Canal youtube: www.youtube.com/channel/UCr4l0skM9D5RcY4Cwd2V-MA

Twitter: @TowandaRebels