Inicio Campañas En NEGRO

En NEGRO

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Na última década, 42 mulleres foron asasinadas en Galicia e un total de 656 no conxunto do estado.

Desde a Concellaría de Igualdade consideramos que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso, animamos ao sector do comercio a implicarse no proxecto:

“PONTEVEDRA EN NEGRO”

Unha campaña ocasional con motivo da morte das mulleres vítimas de violencia de xénero e con motivo do 25 de novembro. Consistirá en vestir de loito a nosa cidade, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte. O comercio sodes o gran escaparte que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Pontevedra libre de violencia!

Esta campaña desenvólvese conxuntamente con outras vilas e cidades galegas baixo o lema Concellos en Negro contra a Violencia co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de todas e de todos,

Se queres participar só tes que cubrir o formulario desta páxina cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono). Deseguida contactaremos contigo.

Imaxes da campaña En negro contra a violencia de 2016

Únete ou solicita máis información

    Acepto as Condicións da LOPD.