Programa nAmorAndo

nAmorAndo xorde como un traballo que pretende involucrar a nenas, nenos e adolescentes na loita contra a violencia de xénero, desde o cambio das súas propias actitudes e desde o traballo constante na súa forma de entender as relacións e os seus comportamentos e expresión de emocións como homes e mulleres.

Trabállase en 4º de Primaria e 4º de Secundaria, ao longo de sete semanas consecutivas, unha hora por semana.

Ao longo das sesións, trabállase con música, curtas, fragmentos de películas, role-playing, teatro, xogos… que permiten ao alumnado participar do cambio de actitudes a través do debate, a reflexión, a expresión de emocións e a empatía con circunstancias que propician violencia e, en moitas ocasiones, morte.

O traballo de intervención comeza e termina cunha avaliación para ver a evolución do proceso.

Durante o transcurso do programa trabállase para desmontar mitos sobre o amor romántico, identificar relacións baseadas na desigualdade, romper estereotipos sexistas que manteñen ideoloxías machistas e axudar a expresar emocións abertamente como signo de valentía, e afastándoas de realidades estereotipadas.

Así mesmo, trabállase fóra do aula para dar a oportunidade ao alumnado de difundir as súas mensaxes ao mundo con formatos diferentes: vídeos, arte urbana…

Preténdese axudar ao menor a identificar e expresar emocións básicas, que formen parte de expresións naturais en ambos sexos, sen condicionamientos externos. Que aprendan outro concepto de valentía diferente ao aprendido até o de agora, e que ese concepto pase sempre por reivindicar os seus gustos, a expresión das súas emocións acorde á necesidade vivida en cada momento, a súa forma de xogar e a súa forma de sentir outros personaxes e outros finais para os seus contos.

Así mesmo, axudarlles a desmontar a visión do amor baseado no concepto de amor romántico que perpetúa a ideoloxía machista e que aprendan a ver que os comportamentos violentos só levan a sufrimento e desigualdade.

O obxectivo é que os e as adolescentes reflexionen e vivan a repercusión que ten o amor romántico na súa visión das relacións de parella. Hai que axudarlles a criticar concepcións erradas que impiden que se desenvolvan como persoas completas, que perpetúan a procura da felicidade noutra persoa e que lles axuda a non poñer en valor as súas inquietudes, intereses e formas de ser e estar particulares.

A protagonista da intervención é a reivindicación de relacións baseadas na igualdade e fomentar a autodependencia, favorecendo a aceptación de diferentes formas de parella, e reprobando en calquera caso actitudes que favorezan a violencia psicolóxica e física entre dous seres humanos.