Consello da Muller nova

O Consello da Muller Nova pretende ser un anexo ao Consello da Muller, que é o órgano de participación dos colectivos de mulleres no ámbito local, e organismo de representación destes colectivos no concello. O seu obxecto fundamental é lograr a incorporación da perspectiva de xénero nas políticas municipais e que a voz das mulleres sexa escoitada e tida en conta.

Actualmente participan un total de 107 alumnas e 27 alumnos, que son coordinados/as por 7 profesoras e 1 profesor dos seguintes centros de ensino secundario da cidade de Pontevedra:

  • I.E.S. Sánchez Cantón
  • I.E.S. Torrente Ballester
  • I.E.S. Frei Martín Sarmiento
  • I.E.S. Luis Seoane
  • I.E.S. As Calasancias
  • I.E.S. Xunqueira I
  • I.E.S. Xunqueira II
  • C.I.F.P. A Xunqueira

Entre os obxectivos do Consello da Muller Nova están:

  • Involucrar á mocidade pontevedresa participante do programa nAmoranAndo no desenvolvemento de mecanismos de participación cidadá no ámbito da igualdade.
  • Concienciar e sensibilizar sobre a importancia da loita pola destrucción das desigualdades entre homes e mulleres.
  • Xerar debate e crear opinión entre os rapaces e rapazas adolescentes cunha perspectiva de xénero.
DíaVer PDF
2016-09-27Ver PDF
2016-09-09Ver PDF
2016-07-30Ver PDF
2016-02-24Ver PDF
2016-02-09Ver PDF
2016-02-02Ver PDF
2015-12-16Ver PDF
2015-11-14Ver PDF
2015-10-25Ver PDF

Dende o Concello de Pontevedra consideramos que a radio constitúe un medio de comunicación de masas privilexiado para espallar a mensaxe que dende o III Plan de Igualdade entre mulleres e homes se quere transmitir. Puxémonos entón mans á obra para proporcionar ás alumnas e alumnos membros do CMN, a formación precisa para a elaboración e realización de programas de radio nos que se abordasen diversas temáticas en torno á igualdade de oportunidades.

DescriciónAudio
Deste xeito, o I.E.S. Sánchez Cantón e o I.E.S. Frei Martín Sarmiento centraron o seu traballo radiofónico na emisión dun programa sobre "O mito do amor romántico" e "A muller no mundo do traballo"Audio 1
Por outra banda, os centros I.E.S. As Calasancias, I.E.S. Luis Seoane, I.E.S. A Xunqueira I e o C.I.F.P. A Xunqueira, traballaron na emisión dun programa de radio coas temáticas "Sexismo nos medios de comunicación", "A violencia de xénero explícita nos estilos musicais", "Os estereotipos de xénero na música actual" e "Novos xeitos de ser home ou muller", respectivamente.Audio 2