Inicio Igualdade Consello Municipal da Muller

Consello Municipal da Muller

O Consello Municipal da Muller foi aprobado polo Concello de Pontevedra en outubro de 2000 cos seguintes obxectivos:

  • Estudiar e emitir informes sobre os temas que considere de interese para a muller.
  • Promover e dar prioridade ás iniciativas da Concellaría e doutras institucións derivadas de análises, estudos e demandas realizadas sobre temas relativos á muller.
  • Potenciar a coordinación entre as institucións que actúen neste eido
  • Propoñer actuacións e acordos ás diversas concellarías, á Corporación e aos Consellos municipais e cantas outras institucións incidan coas súas actuacións, ou cosas súas omisións, no ámbito da muller.
  • Analizar as actuacións e intervencións que no ámbito da muller se produzan no municipio para darlles resposta
  • Informar, debatir e difundir temas sobre dereito das mulleres.
  • Apoiar e fomentar o asociacionismo das mulleres para acadar maior participación e solidariedade
  • Velar pola aplicación do principio de igualdade nas actuacións municipais.
  • Participar na elaboración do Plan Municipal de Igualdade
  • Propoñer actuacións para a igualdade no municipio.
  • Denunciar as situacións de discriminación que se produzan de cara á muller.

Mantén reunións periódicas e está integrada polas seguintes entidades:

  • Asemblea de mulleres de Galiza Nova
  • Asociación Colectivo Feminista Pontevedra
  • Asociación de Amas de Casa e Consumidores “Rías Baixas”
  • Asociación de mulleres cristiás galegas
  • Asociación de mulleres en igualdade de Pontevedra
  • Asociación de mulleres empresarias
  • Asociación de mulleres veciñais “O Castelo” de Ponte Sampaio
  • Asociación de veciños de Lérez
  • Asociación de veciños parroquia de Bora (Pio Lameliña de Bora)
  • Asociación Feminista Comando Mazá
  • Asociación Os tres pinos
  • Asociación recreativa de Xeve / Mulleres rurais “Fonte do Crego”
  • Federación de veciños Castelao
  • Mulleres en pé
  • Mulleres nacionalistas galegas
  • Vocalía de mulleres de Héroes do Campo da Porta
  • Convocar una reunión ordinaria da asociación
  • Incluir na orde do día a creación da vocalía
  • Nomear como mínimo dous representantes da asociación (titular e suplente) para formar a vocalía de muller. A única condición e que sexan mulleres.
  • Recoller este nomeamento na acta.
  • Informar ao Concello, segundo o modelo facilitado, da creación da vocalía e do nome das representantes a través da presentación do mesmo no Rexistro do Concello. Podedes entregalo tamén nas oficiñas do CIM na planta baixa do Chalé de Fontoira.
  • Adxuntar unha copia da acta no momento da presentación.