Mesa da Violencia

A Mesa Violencia Machista pretende garantir, fomentar e desenvolver accións e fórmulas preventivas xunto a unha atención integral e de calidade para as vítimas. Trátase de organizar a resposta ou solución que se presta ante a violencia de xénero, para mellorar a calidade da resposta institucional ás mulleres vítimas.

Os obxectivos son:

  • Coordinación e colaboración na protección das vítimas entre Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Policías Locais, Centros de Información a Muller, Servizos Sociais, etc.
  • Coordinar os recursos existentes e favorecer o seguimento individualizado das vítimas para optimizar recursos e conseguir unha vixilancia e protección máis eficaz.
  • Crear os protocolos e estratexias de intervención necesarios para desenvolver unha mesma liña de actuación entre todos os dispositivos existentes.
  • Detectar os elementos que provocan disfuncións importantes na atencións ás vítimas.
  • Realizar propostas de actuación conxunta entre os servizos implicados para lograr os obxectivos previstos.
  • Calquera outra que no funcionamento da Mesa  se considere necesaria en aras da eficacia e eficiencia na prevención e loita contra a violencia de xénero.

Regulamento da mesa da violencia