Plan de Igualdade

Os poderes públicos están obrigados á loita contra estes mecanismos e, de forma congruente, o Concello de Pontevedra vén deseñando e desenvolvendo estratexias cara á loita a prol da igualdade dende os últimos anos, materializándose en distintos recursos específicos como a Concellaría de igualdade o Centro de Información á Muller (CIM) ou os plans de igualdade.

O Concello de Pontevedra acaba de elaborar o seu terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do concello, que é a folla de ruta que marcará as pautas de traballo en materia de igualdade, e polo tanto xustiza social, durante os vindeiros anos.

Consulta aquí os plans de igualdade do Concello de Pontevedra:

3º Plan Municipal de Igualdade 2015-2017

Plans anteriores