#PrimAcoso, denuncia o teu primeiro acoso. Campaña 25N

A Concellaría de Igualdade lanza hoxe, 25 de novembro, a campaña “Primeiro Acoso” que consiste en convidar ás mulleres a compartir en redes sociais (principalmente en Twitter e Facebook) o seu primeiro recordo de se sentiren acosadas, ameazadas ou inferiores polo simple feito de ser mulleres. O convite é a participar a través do paraugas hashtag #PrimAcoso (primeiro acoso).

O propósito é compartir esas situacións nas que, por primeira vez, as mulleres se sinten intimidadas ou minorizadas pola súa condición.

Os obxectivos da campaña son visibilizar a base da pirámide da violencia. Estes microacosos, pequenas agresións, leves humillacións que ás veces se ignoran, van normalizando comportamentos máis violentos que se siguen a asumir nunha espiral de adormecemento que pode derivar nunha situación de non retorno.

Tamén preténdese trasladar que todas as mulleres están no mesmo barco, que todas senten e sufren nalgún momento.

No comezo da campaña, a concelleira Carmen Fouces publicou o primeiro twit co hashtag #PrimAcoso co seguinte texto:

6 anos. Un veciño que estudaba no seminario volvía as fines de semana. Sentábame no colo e acariciabame as pernas. #PrimAcoso