#PrimAcoso suma 5.000 comentarios nas redes e 4,2 millóns de impactos nunha semana

Obxectivos acadados: visibilizar a pirámide da violencia de xénero, amosar que todas as mulleres están no mesmo barco e coñecer a resposta da sociedade fronte ao acto de valentía que supón compartir experiencias persoais de acoso

Máis de 5.000 comentarios en twitter e facebook, máis de 1,5 millóns de contas acadadas e arredor de 4,2 millóns de impactos. Os datos extraídos das redes sociais empregadas conclúen que o perfil maioritario das persoas acadadas coa campaña é o de mulleres entre os 24 e 45 anos.

Van sete días dende a posta en marcha da campaña #PrimAcoso e xa podemos dicir que os obxectivos están acadados.

Como explicara na presentación a concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, a campaña arrancaba co fin de visibilizar a base da pirámide da violencia -eses microacosos, pequenas agresións, leves humillacións que van normalizando comportamentos máis violentos- e de trasladar a mensaxe de que todas as mulleres están no mesmo barco, que todas senten e sofren nalgún momento. Pero ademais falaba dun terceiro obxectivo -escrito e rexistrado oficialmente no Concello- desvelado hoxe: comprobar cal é a resposta da sociedade -dos homes e tamén das mulleres- fronte ao acto de valentía que supón que as mulleres compartan experiencias persoais de acoso, humillación, discriminación…

Apoia a sociedade ás vítimas ou as culpabiliza? Podemos escoitar estas verdades incómodas? Como son tratadas as mulleres nas redes? Son cuestións postas enriba da mesa coa campaña #PrimAcoso e que, a falta dunha avaliación polo miúdo, comezan a ter resposta.

A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, sinala xa algunhas conclusións:

  • A hipóteses plantexada – todas as mulleres estamos no mesmo barco- é certa.
  • Algunhas mulleres non identifican certos comportamentos e situacións como acoso
  • A importancia da reflexión que moitos e moitas fixeron arredor do debate xerado polas denuncias e comentarios en primeira persoa reflectidos nas redes
  • O que incomoda e como despertan os monstros a valentía de tantas e tantas mulleres
  • A preocupación da violencia dos comentarios e respostas de certos homes e tamén mulleres fronte as denuncias do #PrimAcoso e a súa visibilización. Unha virulencia que medra cando a muller ten poder ou unha maior proxección social. Inda así, subliña a concelleira.

balance-primacoso

COMPARTIR