Manifesto do 25 de novembro de 2016

Un 25 de novembro máis temos que alzar a nasa voz para berrar un NON rotundo á violencia contra as mulleres: mesmo ante outra muller foi asasinada polo terrorismo machista en Fuenlabrada.
Dicimos NON porque neste preciso momento unha muller ou unha nena está senda asasinada, violada, maltratada, acosada, mutilada, vendida, usada como escrava sexual ou queimada con ácido por ir á escala ou por negarse a casar cun home escollido pala súa familia.
Dicimos NON a unha sociedade desigual na que o home se converte na medida do aceptable, que invisibiliza as mulleres e miniminiza e banaliza a violencia contra a muller.
Como nos di Phumzile Mlambo-Ngcuka,Directora Executiva de ONU Mulleres, “para acabar con esta PANDEMIA é necesario o compromiso e a inversión a nivel nacional e internacional xa que a violencia contra as mulleres e as nenas ten consecuencias devastadoras para as persoas e a sociedade. As mulleres e as nenas que son vítimas da violencia perden a súa dignidade, viven con medo e con dar e, no peor dos casos, págano coa súa vida. A violencia recorta as súas liberdades: a sentirse seguras nas súas casas, o dereito a camiñar con seguridade palas rúas, o dereito á escolarización, o dereito ao trabal lo, o dereito a acudir ao mercado ou o dereito a ir ao cine. Deberían poder esperar que se castigue aos seus agresores, a que se faga xustiza e a recibir os coidados e o apoio palas lesións sufridas”.
Por todo isto dicimos SÍ a unhasociedade equitativa e igualitaria, na que as mulleres e as nenas non sexan moeda de cambio, garantes dun honor familiar que as condena, que poidan saír á rúa sen temor, vestir como queiran, amar a quen queiran, disfrutar do seu carpo, elixir libremente a súa parella e non seren asesinadas ou maltratadas por homes que as consideran unha propiedade.
É o noso momento. Ternos que ser todas e todos conscientes da nasa capacidade para tornar as causas, para crer en nós mesmas e para desenvolvernos como mulleres libres, seguras, capaces, creativas e valentes. Mulleres e nenas que camiñen en PÉ DE IGUALDADE e que non permitan en ningún caso e circunstancia que haxa homes que lles corten as súas ás para voar onde queren.
POR UN MUNDO SEN VIOLENCIA MACHISTA: IGUALDADE, EQUIDADE E LIBERDADE.
COMPARTIR