Moción conxunta dos grupos municipais do Concello de Pontevedra con motivo do Día da Muller Traballadora

O ano pasado presentábamos ante este pleno unha moción conxunta de todos os grupos políticos con motivo do día da muller, é decíamos:

Van xa 159 anos desde que as mulleres do téxtil loitaron polos seu dereitos laborais e neste marzo de 2016 a realidade continúa a evidenciar a enorme desigualdade laboral entre homes e mulleres agravada aínda máis pola crise. Diante do discurso falaz da igualdade conseguida, os datos sobre a crecente situación de precariedade laboral que viven as mulleres galegas é alarmante. Somos as mulleres as que nestes tempos de crise levábamos aos fogares os escasos recursos económicos pero a cambio de traballos sen as mínimas garantías legais, mal pagados, e explotadas. Grandes fortunas neste país levantáronse sobre os ombros escravos das mulleres que ao final das súas vidas non poden ter unha xubilación digna. Por moito que as mulleres sexamos lexión, nos sectores onde o mérito e a capacidade sexa o criterio de contratación, a fenda salarial segue a ser unha realidade, e aínda non se defenden igual os postos de traballo das mulleres que os dos homes.

Hai bos exemplos de empresas, onde os postos de traballo directos que destrúe son eminentemente femininos e os que xera maioritariamente masculinos. É evidente que o compromiso sindical non é o mesmo se falamos duns ou doutros. Ademais, somos as mulleres as quen lideramos as estatísticas de emprego temporal e parcial e no que atinxe ao traballo non remunerado, as desigualdades no reparto das responsabilidades repercuten negativamente sobre as mulleres que tamén sofren a sobrecarga derivada da redución do apoio ás necesidades de coidados

Non se ten avanzado o suficiente na posta en marcha de medidas de igualdade tanto no referido á lexislación como á realización de programas concretos. Coa inacción dos gobernos non se avanzará na integrar da dimensión de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, cumprindo co seguimento das políticas e accións sobre as que existen competencias en relación ao acceso ao emprego, desenvolvendo políticas de integración e apostando pola igualdade real no ámbito laboral. A falta de vontade política é tal que medidas como a do permiso paternal obrigatorio que colocaría a homes e mulleres en pé de igualdade ante o nacemento dunha crianza son hoxe case que utopías.

Pois ben, a día de hoxe solo podemos constatar que pasou un ano, e que xa van alá 160 anos da loita das mulleres do téxtil.

Os número de homes con soldos superiores a 30,000 euros seguen a ser o dobre que das mulleres.

As mulleres que non cotizan todo o ano é catro puntos superior aos homes.

A fenda salarial en Galiza está en 4,300 euros anuais de media.

O mapa da desigualdade salarial ordea ás cidades galegas de maior a menor ca A Coruña á cabeza, Vigo, Pontevedra (con 3.875 euros de fenda) e finalmente Lugo e Ourense.
No ámbito universitario as cousas seguen igual.

No último cuatrienio, as mulleres tituladas cobran de media 975 euros ao mes fronte a 1.150 euros dos seus compañeirosa violencia machista arrecia e acada acada índices insoportables, a violencia disfrazada e oculta o invade todo e impide a construción dunha sociedade xusta e equitativa.

En definitiva, reiteramos un ano máis o que pedíamos no pleno do ano anterior: Diante disto, é a nosa obriga comprometernos na presións ás institucións directamente responsábeis de poñer en marcha políticas que revertan a desigualdade laboral e sociais das mulleres.

ACORDO
Instara unha vez máis ás administracións competentes, a que en base aos datos dos que xa dispoñen, deseñen as políticas que sexan necesarias para eliminar as desigualdades laborais das mulleres e as desigualdades sociais prestándolle especial atención á conciliación dos dereitos laborais, a educación en igualdade e a loita contra a violencia de xénero tanto explícita como oculta.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2017

  • Grupo Municipal do BNG
  • Grupo Municipal do Partido Popular
  • Grupo Municipal do PSdeG – PSOE
  • Grupo Municipal de Marea Pontevedra
  • Grupo Municipal de Ciudadanos
COMPARTIR