Os fondos DUSI contribuirán a loita contra a violencia de xénero e a prol da igualdade

  • Farase unha “diagnose ampla e rigorosa” sobre a situación real da muller, primeiro paso
    para definir propostas de actuación.

O compromiso do Concello coa loita contra a violencia de xénero e a prol da igualdade
quedará reflectido tamén no reparto dos fondos DUSI. Unha partida orzamentaria
significativa adicarase a facer “unha diagnose ampla e rigorosa” sobre a situación da
violencia machista e do nivel de igualdade da sociedade e definir propostas de actuación,
segundo sinala a concelleira de Igualdade, Carme Fouces.

Acometerase unha avaliación profunda sobre o momento actual da violencia de xénero na
contorna e a situación da muller en distintos eidos: laboral, social, educativo, político…
Farase tamén unha análise sobre o proceso polo que transitan as vítimas da violencia
machista para facer fronte a súa situación, detectar erros e facer suxestións para facerlles
máis doada a difícil e complexa situación que están a vivir.

A análise incluirá unha completa avaliación sobre o impacto das políticas de igualdade
desenvolvidas nos últimos anos e propostas para avanzar neste eido.

8 DE MARZO
Por outra banda a Concellería de Igualdade xa ten feita a axenda dos actos do 8 de
Marzo que se desenvolverán en varios días.

  • Venres, 3 de marzo
    • 9.00 horas. Reunión da Mesa da Violencia. Alí estarán representantes da Policía, Sanidade, Punto de Encontro, Concello e agárdase que asista algún representante da Xustiza, administración convidada que nos últimos tempos rexeitou participar neste foro. A concelleira Carmen Fouces agarda que nesta ocasión participe na Mesa pois lembra o papel fundamental que xoga a Xustiza na loita contra violencia machista e a necesidade de traballos xuntos nunha mesma dirección. “É unha peza clave”.
  • Luns, 6 de marzo
    • Reunión conxunta do Consello da Muller e do Consello da Muller Nova. Farán un balance e debaterán sobre propostas de futuro que contribúan a acadar a igualdade real.
  • Mércores, 8 de marzo
    • Conferencia da científica Joana Magalhâes  sobre a fenda Ciencia-Muller. A charla irá dirixida aos estudantes de Secundaria inda que estará aberta ao público en xeral
    • Teatro: Non é país para conas
    • Premios de banda deseñada Virxinia Pereira. Darase a coñecer o nome dos/das gañadores/as da primeira edición do certame.
COMPARTIR