Os primeiros premios Banda de Deseñada Virxinia Pereira

  • O premio honorífico a toda unha traxectoria é para Enma Ríos

A banda deseñada (BD) é un mundo moi masculinizado e co fin de combater esta realidade, visibilizar ás, até agora, escasas autoras de BD e impulsar a perspectiva de xénero neste ámbito naceron os premios de BD Virxinia Pereira. Foron 21 os traballos que concorreron á primeira edición do certame e como reflexo da realidade actual foron tres homes os gañadores e unha muller, o único accésit concedido.

  • 1º premio. Francisco Pérez Outes, coa obra “Ítica”
  • 2º premio. Pablo Prado Fernández, coa obra “A calquera”
  • 3ª premio. Adán Álvarez Rivas, coa obra “Encontros na noite”
  • Accésit. Elísabet García Aires, coa obra “O meu fogar”.

Ademais concedeuse o primeiro premio honorífico a unha traxectoria a Emma Ríos.

Os premios de banda deseñada Virxinia Pereira están promovidos pola Concellería de
Igualdade, o debuxante Kiko da Silva e O Garaxe Hermético. Entregaranse no marco da Gala da Igualdade que se desenvolverá no mes de novembro e na que se fará entrega tamén dos premios Ernestina Otero.

Kiko da Silva, presidente do xurado, subliñou o alto nivel dos traballos presentados, sobre
todo no aspecto gráfico.

ACTA DO XURADO DO PREMIO DE BANDA DESEÑADA “VIRXINIA PEREIRA” 2017
REUNIDOS o venres 3 de febreiro de 2017 o xurado profesional presidido por Kiko da
Silva, director de O Garaxe Hermético e composto por Fran Bueno, Marilar Aleixandre,
Fernando Llor e Cynthia Alfonso Barreiro.

Tras a deliberación, na que o xurado destacou a alta calidade dos 22 traballos
presentados ao certame. Dos cales houbo 10 traballos realizados por mulleres. Tamén
destacou a participación de xente de fóra de Galicia xa que era obrigatorio o uso do
galego.

DECIDIU otorgar os premios do 1º Concurso de Banda Deseñada “Virxinia Pereira” as
seguintes obras:

  • 1º PREMIO: Dotado con 2.000 euros, que será entregado polo Concello de
    Pontevedra, curso de verán de BD (2017) cedido por O GARAXE HERMÉTICO,
    Escola de Banda Deseñada de Galicia, e publicación nunha revista que será
    distribuída polos centros de ensino de Pontevedra.

    • FRANCISCO PÉREZ OUTES coa obra “ÍTACA” (Outes – A Coruña)
  • 2º PREMIO: Dotado con 1.000 euros, que será entregado polo Concello de
    Pontevedra, un lote de BD cedido por O GARAXE HERMÉTICO, Escola Profesional
    de Banda Deseñada de Galicia, e publicación nunha revista que será distribuída polos
    centros de ensino de Pontevedra.

    • PABLO PRADO FERNÁNDEZ coa obra “A CALQUERA”. (Ponteareas –
      Pontevedra)
  • 3º PREMIO: dotado con 500 euros, que serán entregados polo Concello de
    Pontevedra, un lote de BD cedido por O GARAXE HERMÉTICO, Escola Profesional
    de Banda Deseñada de Galicia, e publicación nunha revista que será distribuída polos
    centros de ensino de Pontevedra.

    • ADÁN ÁLVAREZ RIVAS coa obra “ENCONTROS NA NOITE” (Moaña- Pontevedra)
  • ACCÉSIT: Dotado cun lote de BD cedido por O GARAXE HERMÉTICO, Escola
    Profesional de Banda Deseñada de Galicia, e publicación nunha revista que será
    distribuída polos centros de ensino de Pontevedra.

    • ELÍSABET GARCÍA AIRES coa obra “O MEU FOGAR” (Pontevedra)

O Concello de Pontevedra agasallará ás persoas premiadas cunha placa conmemorativa
deseñada por Kiko da Silva.

PREMIO AUTORA PROFESIONAL DE BD 2017
O 1º PREMIO HONORÍFICO DE BD “VIRXINIA PEREIRA” ten un dobre obxectivo: recoñecer o seu traballo e abrir as portas a referentes femininos neste ámbito de creación cultural.

O xurado desta primeira edición decidiu otorgarlle o Premio Honorício de BD “VIRXINIA
PEREIRA” á autora galega de banda deseñada EMMA RÍOS.

O xurado destacou a gran calidade gráfica e narrativa da obra de Emma Ríos e o seu
compromiso coa problemática de xénero, tanto na súa obra como no ámbito profesional e
cotiá.

Tamén destacou o apoio as novas autoras de bd galegas, das cales moitas a teñen coma
un referente.

O Concello de Pontevedra fará entrega durante a entrega de premios “Virxinia Pereira” a
autora galardonada unha placa conmemorativa deseñada por Kiko da Silva.

EMMA RÍOS
Naceu en Vilagarcía en 1976.

Licenciouse en arquitectura, pero avandonou o seu traballo pola paixón á BD.

Comezou autoeditándose en fanzines propios como A prueba de Balas ou no colectivo Polaqia.

Pero a súa carreira deu un xiro tras ser reseñada por Warren Ellis na súa páxina web, trala que recibiu unha oferta de Matt Gagnon, editor do “Boom! Studios”, para facer unha miniserie en 4 números. Logo deixou a oficina de arquitectura, onde traballaba para dedicarse aos cómics e produciu Hexed (2008), con Michael Alan Nelson no guión e cor de Peter Cris. Para entón, xa era unha das estrelas convidadasen Viñetas en quadrinhos do Atlántico, 4 de marzo.

Nas Xornadas de Aviles coñeceu a CB Cebulski que a puxo en contacto con editor Nick Lowe, da Marvel Comics, ofrecéndolle facer un xiro para Runaways, ao que seguiron unha miniserie do Doutor Estraño escritos por Mark Waid. Tamén fixo, escrito por Ricardo Gómez, unha adaptación do Amadis de Gaula ao Grupo SM.

Durante a San Diego Comic Con de xullo de 2012 anunciouse que Emma Ríos estaba traballando xunto á guionista Kelly Sue DeConnick en Pretty Deadly, un western de creación propia para Image protagonizada por unha asasina, no que pretenden retomar o ton dos westerns de Sergio Leone. Obra pola que foi nominada aos Premios da Industria do Cómic Will Eisner, os óscars do cómic.

Actualmente Traballa na serie Mirror xunto a Hwei Lim e vén de publicar unha nova obra como autora completa en Astiberri titulada I.D., unha distopía que analiza o conflito entre a percepción e a identidade a través da loita de tres persoas que consideran un “transplante de corpo” como a solución para as súas vidas.