Custodia Compartida, un filme sobre a cara oculta da violencia machista

O Teatro Principal acolle a proxección de Custodia Compartida, un filme sobre a cara oculta (os fillos) da violencia machista.

  • A cita é o mércores 23 de maio, ás 20.30 horas e a entrada é libre e de balde até completar aforo.
  • A Concellería de Igualdade promove a actividade co fin de visbilizar unha realidade ignorada e profundar no debate.

O Teatro Principal acollerá o próximo mércores 23 de maio, ás 20.30 horas, a proxección da película CUSTODIA COMPARTIDA. Trátase dun filme do director francés Xavier Legrand avalada por varios premios en diferentes festivais internacionais entre os que destacan o León de prata á Mellor Dirección e o León de futuro á Mellor Ópera Prima no Festival de Venecia e o Premio do público ao Mellor Filme Europeo do festival de San Sebastián.

A película aborda os conflitos da custodia compartida a través da infancia. O temor que inspira un home disposto a todo con tal de regresar coa súa muller que o deixou para escapar do seu compartemento violento, invisible aos ollos da xuíza. Segundo o director o obxectivo é concienciar á xente da existencia desta crise mediante o poder do cine. Sinopse: Myriam e Antoine acaban de divorciarse. Para protexer aos seu fillo pequeno do violento do seu marido, Myriam pide a custodia, máis a xuíza sentencia custodia compartida entre ámbolos dous cónxuxes. Vítima dun pai ciumento, e no afán de protexer a súa nai acosada, Julien fará todo o que estea na súa man para que non ocorra o peor. A Concellería de Igualdade, promotora da actividade, sinala a vixencia do debate sobre a custodia compartida e a importancia de visbilizar un tema que deberíamos coñecer de preto. A entrada é libre e de balde até completar aforo.

A película será o limiar ás xornadas que se celebrarán o sábado 26 no Pazo da Cultura sobre “Infancia e adolescencia: una cara oculta da violencia de xénero” co organizadas pola Universidade, Deputación e Concello de Pontevedra.

Descargar PDF da película