Escola municipal de Igualdade para a mocidade

A concellería de Xuventude presentou a programación de Pisando Forte 2018, que se vai a desenvolver no último trimestre do ano. O programa susténtase en catro piares fundamentais: feminismo, ecoloxismo, integración e novos hábitos de vida e inclúe unha Escola municipal de Igualdade para a mocidade.

PROGRAMA:

  • Curso de Igualdade e xénero no deporte
  • Obradoiro de autodefensa feminista e empoderamento (2)
  • Curso de oratoria dende a perspectiva de xénero
  • Obradoiro de fotografía e autoimaxe. Namórate de ti.

Esta formación vai dirixida, de entrada, a mozas de 16 a 35 anos. Porén poden preinscribirse persoas de máis idade xa que entrarán nos cursos se sobran prazas.

Para todos os obradoiros -que son gratuítos- o período de preinscrición comezou o 7 de setembro. Confeccionarase a listaxe de persoas seleccionadas tendo en conta os criterios de acceso e procederase a comunicarlles a súa inclusión para a formalización da inscrición definitiva.

PREINSCRICIÓN

En http://apuntate.pontevedra.gal

Folleto completo Pisando forte 2018


Se non tes acceso a Internet ou tes dúbidas, podes dirixirte á Oficina de Xuventude de 9.30 a 14 horas na Casa da Luz, praza da Verdura s/n, 1o tel. 986840367 xuventude@pontevedra.gal http://xuventude.pontevedra.gal

Imprimir