I Congreso de Igualdade do Consello da Muller Nova

vindeiro sábado 6 de setembro celebrarase no Pazo da Cultura o I Congreso de Igualdade do Consello da Muller Nova (CMN), dirixido especialmente a alumnado e profesorado dos centros de ensino secundario do concello que xa participaron ou queiran formar parte do Consello.

O Congreso consistiá no intercambio de experiencias, distintas poñencias e charlas-coloquio e o máis importante, a exposición por parte das e dos protagonistas do traballo feito nos centros de ensino participantes no Consello da Muller Nova (CMN).

A partir das catro da tarde, os CMN de sete centros da cidade farán un pequeno relatorio do traballo desenvolvido no pasado curso, segundo o seguinte programa:

  • O mito do amor romántico, IES Sánchez Cantón
  • A muller no mundo do traballo, IES Frei Martín Sarmiento
  • Os estereotipos de xénero da música actual, IES A Xunqueira I
  • Novos xeitos de ser home ou muller, CIFP A Xunqueira
  • Sexismo nos medios de comunicación. Lingua e publicidade, IES As Calasancias
  • Violencia de xénero explícita nos estilos musicais, IES Luis Seoane
  • As mulleres no espazo urbano, IES Torrente Ballester

Unha actuación da cantante Sés porá o ramo a unha cita que ten na igualdade e o respecto a diversidade sexual o seu fío condutor.

O I Congreso de Igualdade será tamén escenario da entrega dos Premios Ernestina Otero Sestelo, orientados este ano por vez primeira á Educación Infantil, Primaria e Secundaria. O neto da mestra que dá nome aos galardóns que distinguen proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, Manuel Puga estará presente na entrega dos premios.

Ver programa completo programa_congreso_cmncongreso