25-N: Redrum levan ao escenario os relatos do maltratro do libro ‘Invisibles’ de Montse Fajardo

  • A estrea deste espectáculo protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez terá lugar este xoves 15 ás 21 horas no Teatro Principal de Pontevedra
  • A peza, que conta con Marián Bañobre como directora, está coproducida pola concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra e o Centro Dramático Galego
  • As entradas para o espectáculo levan días esgotadas.

Entre as diferentes actividades que o Concello levará a cabo dentro da campaña do 25-N, ocupa un lugar destacado a estrea de „Invisibles‟. Un proxecto que, sempre da man da concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra e cunha implicación persoal por parte da concelleira Carme Fouces, viu primeiro a luz co libro da xornalista Montse Fajardo e chega agora aos escenarios da man de Redrum Teatro.

7 testemuñas reais de maltrato ás que dan vida tres actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodriguez. Tres xeracións de mulleres que amosan que non hai unha idade nin un perfil “Calquera poder ser unha vítima e tamén a heroína unha vez que sae”, sinalou a director Marián Bañobre na presentación da mesma. Outro do aspectos que destacou foi o traballo de dramaturxia sobre o libro, “conseguir integrar os 7 relatos aínda que non foi fácil. Fálase de feitos moi universais que se repiten. O espectáculo ten valor en si mesmo non só polo que se conta, senón como espectáculo teatral onde atopamos drama, traxedia, ironía e incluso humor, necesario para que o público sexa quen de afrontar a brutalidade dos relatos”.

A actriz Sheyla Fariña foi a impulsora de que o libro chegara aos escenarios, xa que logo de lelo, pensou que non podía quedar niso e agradeceu enormemente a colaboración de Montse, Carme, Marián e Redrum para que o proxecto chegara a ser unha realidade: “Pónseme a pel de galiña pensando que isto vai pasar. É un espectáculo valente que quere frear a invisibilidade en todos os aspectos, tamén da base do maltrato que a veces non recoñemos como tal.”

A concelleira Carme Fouces, que agarda que o espectáculo sexa un éxito quixo agradecer a Rosa Campos do CIM e a Montse Fajardo pola “sensibilidade de ter recollido esta historia. Por facelo nunha linguaxe xornalística que posibilitou levar a obra á escena dun xeito tan real. Tanto, que as propias protagonistas dos relatos están entre o público”.

O espectáculo contará cun pase matinal ás 11:30 horas concertado con centros escolares de Secundaria e Bacharelato que completou o súa capacidade, igual que o fixo o pase para público en xeral, para o que non hai entradas hai días.