O informe #PrimAcoso confirma que a violencia contra as mulleres está normalizada e que os agresores saen impunes

Carmen Fouces, concelleira de Igualdade, María Lameiras, directora do grupo de investigación e Rosa Campos, responsable do Centro de Información á Muller de Pontevedra (CIM) presentaron este xoves os resultados deste estudo pioneiro, anterior ao famoso #MeToo.

Entre as conclusións que se poden extraer compróbase que a violencia contra as mulleres non é un fenómeno illado, senón que está normalizada e que se repite ao longo da vida das mulleres de múltiples formas.

María Lameiras definía esta situación como unha “pandemia”, que comenza na infancia. O 76% das mulleres que participaron nesta campaña tiñan sufrido algún tipo de acoso antes da maioría de idade e o 24% na idade adulta.

informe-primacoso

COMPARTIR