Presentación do Programa pola diversidade sexual Pinto e Maragota

Carme Fouces presentou o programa Pinto e Maragota pola diversidade sexual, cuxo pistoletazo de saída vai a ser a xornada “A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?” que terá lugar o sábado 19 de xaneiro no Pazo da Cultura.

Pinto e Maragota vai máis alá do que se entende por un programa municipal. Inclúe accións formativas, de visibilización, de lecer (vermú-faladoiros, clubs de lectura, cinefórum,..) e obradoiros e tamén atención baixo demanda de persoas de colectivo LGTBIQ+ e familias; apoio á formación da Policía Local para atención da diversidade sexual e fronte a LGTBIQfobia; a posta en marcha dun Observatorio LGTBIQ+, etc. Haberá accións xerais, dirixidas a toda a veciñanza e tamén accións específicas nos centros educativos e no rural. Ademais Pinto e Maragota contará cunha web – www.pintoemaragota.gal- e redes propias (facebook e instagram).

Xornada de Formacion Diversidade Sexual Pontevedra

COMPARTIR