Conta atrás para As mulleres que opinan son perigosas

Este venres 1 de marzo o pano do Teatro Principal levántase de novo para que as mulleres que opinan, as perigosas, tomen o escenario.

Cultura, deporte, política, actualidade…, non hai tema do que as mulleres non teñamos opinión e neste foro contaremos con mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas grandes profesionais do periodismo e a escritura que reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

Agardámosvos no Teatro Principal o 1 e 2 de marzo. A entrada é de balde ata completar aforo. Reserva butaca en http://igualdade.pontevedra.gal/actividades/as-mulleres-que-opinan-son-perigosas/


#mxporteiro#PepaBueno#TowandaRebels#AnaRomaní#luciambomio#gemmaherrero#SuPedreira#DianaLovar#RequenaAguilar#lorenagm7#MagdalenaProust#Tati_Moyano#irenebascoysuar#ChusG_Dorrego#MartaSanz
#DeputaciónPO#pontevédrate