INVISIBLES triunfa nos Premios María Casares

Orgullosas e emocionadas co resultado de INVISIBLES nos Premios Maria Casares, que de catro nominacións alzouse con tres merecidos premios: a mellor iluminación, mellor guión adaptado e mellor dirección.

Moitas grazas a todas as que participastedes neste traballo, e sobre todo, como ben dixo Marián Bañobre, a ELAS, ás invisibles, a esas mulleres valentes que compartiron as súas historias e as súas vidas para combater a violencia machista.

https://www.instagram.com/p/BvSWQqkHXmi/