Inauguración do mural A memoria das mulleres

O vindeiro xoves 13 de xuño ás 19.00 horas, terá lugar a inauguración oficial do mural A MEMORIA DAS MULLERES, na rúa Poza dos Canos (confluencia de Joaquín Costa con Travesía da Eiriña), co que o Concello quere render homenaxe a varias xeracións de mulleres pontevedresas.