Políticas LGTBIQ+, a igualdade é posible

O vindeiro xoves 27 de xuño pecharemos o ciclo de faladoiros diversos do programa Pinto e Maragota con “Políticas LGTBIQ+, a igualdade é posible” a cargo de representantes dos grupos parlamentarios de Galicia e para o que contaremos como moderadora con Cristina Palacios, presidenta de ARELAS, asociación de familias de menores Trans.

Na Casa da Luz ás 20.30h (Praza da Verdura s/n)