Aplausos na memoria das tres asasinadas de Valga

Centos de persoas asistiron á concentración institucional convocada diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para expresar a repulsa e condena unánime ao triple asasinato machista perpetrado onte en Valga.

O acto consistiu nun minuto de silencio seguido dun longo aplauso na memoria das tres vítimas (Sandra Boquete, Alba Boquete e María Elena Jamardo) e nel estiveron presentes representantes das corporacións municipal e provincial e da Delegación e Subdelegación do Goberno.