15 de outubro, Día Internacional das Mulleres Rurais

O primeiro Día Internacional das Mulleres Rurais celebrouse en 2008, sendo establecido pola Asamblea Xeral da ONU na resolución 62/136. Nela recoñecía “a función e contribución decisivas da muller rural, incluída a muller indíxena, na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural“.

As mulleres rurais representan máis dun terzo da poboación mundial e o 43 por cento da man de obra agrícola. Ademáis, garanten a seguridade alimentaria das súas poboacións e axudan a preparar ás súas comunidades fronte ao cambio climático.

Porén, como sinala ONU Mulleres, as campesiñas sofren de xeito desproporcionado os múltiples aspectos da pobreza e a pesares de ser tan produtivas e boas xestoras como os homes, no dispoñen do mesmo acceso á terra, créditos, materiais agrícolas, mercados ou cadeas de produtos cultivados de alto valor. Tampouco desfrutan dun acceso equitativo a servicios públicos, como a educación e a asistencia sanitaria, nin a infraestructuras, como a auga e saneamento.

As barreiras estructurais e as normas sociais discriminatorias continúan limitando o poder das mulleres rurais na participación política dentro das súas comunidades e fogares. A súa labor é invisible e non remunerada. Mundialmente, con poucas excepcións, todos os indicadores de xénero e desarrollo amosan que as campesiñas se atopan en peores condicións que os homes do campo e que as mulleres urbanas.

Ademáis, a situación está empeorando debido a que os efectos do cambio climático sobre os recursos naturais e produtivos agravan as desigualdades de xénero nas zonas rurais.