Curso de AUTODEFENSA para mulleres ante situacións violentas

O sábado 30 de novembro celebrarase na Sala Almofrei da Casazul un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, impartido por especialistas en Defensa Persoal Feminina pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Este curso é de balde e está aberto a mulleres maiores de idade. As interesadas en participar xa poden inscribirse a través do teléfono 986 86 48 25 ou do email igualdade@pontevedra.eu.

Este curso comprende un conxunto de coñecementos, actitudes, pautas e técnicas físicas que permitan prever, avaliar e actuar ante situacións de ameazas, riscos ou agresións.

Trataranse aspectos legais, psicolóxicos, estratéxicos, físicos e por suposto de prevención, para poder evitar nun momento determinado que chegue a producirse a agresión (recomendacións en portais, garaxes, vehículos, na rúa, …..).

Aprenderemos técnicas sinxelas pero efectivas e como utilizar obxectos cotiáns como chaves, móbiles, bolsos… Tamén se amosará material de defensa do que se dispón hoxe en día para a autoprotección.