As violacións en cita, novo obxectivo da Campaña “Sen o meu si, non”

Ao longo do pasado mes de novembro e no marco das distintas actividades levadas a cabo pola conmemoración do 25N, a Concellería de Igualdade presentou os novos vídeos da campaña municipal de prevención da violencia sexual ‘Sen o meu si, non’.

Desta vez, a campaña céntrase na prevención das denominadas “violacións en cita”, agresións sexuais por parte de coñecidos que son das máis habituais pero das menos denunciadas. No vídeo principal explícase que é e como funciona este tipo de violencia e dá pautas para recoñecela e evitala.

A esta peza principal, de dous minutos e medio de duración, acompáñana dous vídeos máis breves para favorecer a difusión da mensaxe a través das redes sociais.

Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña municipal de información e concienciación en materia de igualdade e de prevención contra as violencias machistas e especificamente contra a violencia sexual e busca implicar a toda a sociedade. Enlace ao vídeo principal da campaña ‘Sen o meu si, non’:  Violación en cita LONGO – https://youtu.be/s64rs8egyUA

Enlace ao vídeo principal da campaña: Violación en cita LONGO

Vídeos curtos:

Enlace ao vídeo Educación en Masculino
Enlace ao vídeo Violación en cita CURTO