SEN O MEU SI, NON

Fai agora un ano, a Concellería de Igualdade poñía en marcha a campaña de concienciación, prevención e loita contra a violencia sexual “Sen o meu si, non” coa que pretendíamos visibilizar aqueles comportamentos e condutas xa normalizadas que pasan desapercibidas e alimentan a cultura da violación a través da elaboración e difusión de diferentes materiais informativos e de concienciación, como manuais, dípticos, vídeos e cartelería.

Todo este material, a pesar das excepcionais circunstancias que estamos a vivir por mor da crise sanitaria do Covid-19, segue a estar de actualidade, polo que aproveitamos para lembrar esta exitosa campaña.