CONVOCATORIA DOS PREMIOS ERNESTINA OTERO SESTELO 2018

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Ernestina Otero Sestelo no ensino non universitario correspondentes ao ano 2018.
Ditos premios están orientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos
innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, e que supoñan un exemplo de boas prácticas e modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades.
Poden concurrir a esta convocatoria os centros docentes de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria non universitaria do Concello de Pontevedra que realizasen proxectos e actividadesincorporando a perspectiva de xénero no curso académico  2017/2018, sendo preciso que os proxectos fosen executados na súa totalidade na data de presentación da solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde a apertura do prazo e ata o 20 de agosto de 2018.
Calquera dúbida sobre o contido desta convocatoria será atendida polo Servizo de Benestar Social e Promoción Económica (tlf: 986 864 825; e-mail:igualdade@pontevedra.eu)

Bases-do-premio-Ernestina-Otero-Sestelo-2018

Anexo-I

Anexo-II

ernestina-otero-sestelo-cpy
COMPARTIR