Fotogalería Semana do Orgullo LGTBIQ+ 2020

Centos de persoas de tódalas idades participaron nalgún dos actos conmemorativos e reivindicativos organizados co gallo da Semana do Orgullo, especialmente no San Xoán Travesti celebrado no Gastroespazo do Mercado de Abastos con ‘Marinita y sus maromas’, no reparto de material dende a caravana LGTBIQ+ no contorno da Peregrina e no regreso dos Vermús de Pinto e Maragota á Praza da Verdura da man de MarikasXlaFiesta.

O ‘CIDES-móbil’, que permaneceu no contorno da Ferrería entre as 17.00 e as 21.00 horas do pasado venres 26 de xuño, ten como obxectivo axudar a estender a conciencia da diversidade polas rúas de Pontevedra, ofrecendo información e asesoramento en materia de orientación sexual e xénero e distribuíndo 1.000 máscaras coas bandeiras LGTBIQ+ e da Concellería, 1.000 flyers informativos, 1.000 pulseiras, 1.000 chapiñas e 1.000 pegatinas do Centro municipal de Información sobre Diversidade e Sexualidade (CIDES).