Campaña 2008

Declaración do Día Internacional contra a violencia de xénero 2008

Como todos os anos adicamos un día a organizar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto do problema da violencia contra a muller. Dende a Concellaría de Benestar Social somos conscentes da importancia que ten este feito pero gustaríamos recordar que a loita contra a violencia machista é unha tarea que ten que ter continuidade no tempo e á que hai que conceder un espazo e tempo propios ao longo de todo o ano.

Neste sentido pretendemos que a campaña deste ano recolla dun xeito especial esta premisa que vimos practicando desde que empezamos a traballar na procura da igualdade, para que cada vez máis persoas rexeiten con máis rotundidade a violencia e a desigualdade.

Todos os días e todos os anos”  e “A violencia de xénero: unha loita diaria ”  son os eslogans que pretendemos nos acompañen non só un día senón moitos máis, polo que eleximos como soporte para  a súa difusión un calendario, uns bolígrafos e alfombrillas para o ratón de xeito que perduren o maior tempo posíbel nas mans de todos e todas.

COMPARTIR