Existen dous programas específicos de intervención aos que se accede mediante petición de consulta no CIM:
A intervención do programa de apoio está especialmente indicada naquelas mulleres que desexan axuda psicolóxica por problemas relacionados con dificultades na vida en parella. Entre otras inclúense:
- Insatisfacción nas súas relacións de parella, presentando ansiedade e depresión diante dunha toma de decisións
- Desconfianza, tristura, desengano e culpa despois da ruptura de parella
- Crise na parella
- Preocupación polas fillas ou fillos nos casos de separación ou divorcio
A atención psicolóxica organízase en torno a un proceso de acompañamento, análise e comprensión clínica dos conflitos que axuden ás mulleres ao esclarecemento e desarticulación dos mecanismos de culpa, aislamento e impotencia que a levaron a situación actual.
O proceso ten como eixo transversal a perspectiva de xénero de xeito que se diferencie claramente entre os aspectos interpersonais e aqueles socioculturais e estruturais procedentes do entramado social.
Nunha primeira fase trabállase sobre factores xeralizados que se manifestan na vítima de malos tratos. Actúase sobre a sintomatoloxía que xorde da experiencia traumática de sometemento e abuso e que non estaría relacionada coas estruturas persoais de orixe senón coas experiencias vividas no proceso de vitimización:
- Baixa autoestima
- Sensación de impotencia
- Angustia
- Vergoña
- Confusión entre vínculo afectivo e dependencias
- Desconfianza nas propias percepcións
- Distorsións no criterio da realidade …
Trátase dun programa de intervención para menores, fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero do Centro de Información á Muller para darlles soporte psicolóxico e emocional aos nenos e mozos, de tal xeito que non asuman como “normal” a violencia.
A experiencia do CIM constatou que os nenos e as nenas son os outros grandes damnificados da violencia de xénero, por iso se promove este programa de apoio específico ás/aos menores.
O traballo de atención psicolóxica e soporte emocional é persoalizada, alternando sesións individuais e compartidas coa nai. Hai que ter en conta que estes menores en vez de estar ocupados en xogos, estudos, facer deporte ou gozar dos amigos e da familia, eran testemuñas de episodios de humillación e violencia de xénero e vítimas dun clima de tensión familiar que derrubou o seu mundo afectivo, minou a súa autoestima, ademais de quebrar a súa capacidade de relación.
Nas sesións individuais trabállese co menor a través do xogo e con dinámicas ad hoc co fin de achegarlle estratexias mentais que lle axuden a acadar a estabilidade emocional, a confiar nas relacións afectivas e sociais, e a desterrar condutas violentas. Nas sesións coas nais axúdaselles a ter ferramentas para continuar na casa o traballo feito na consulta.
Os fillos e fillas vítimas de violencia de xénero teñen por diante un reto moi duro xa que desenvolven emocións contidas de ansiedade, rabia, dor ou depresión; sofren illamento e tristura, teñen sentimentos de culpa, negan a violencia vivida e mesmo asumen o rol de proteción dos irmáns e da propia nai… Situacións todas elas que son orixe dunha autoestima debilitada, de agresividade ou habilidades sociais pobres..
Unha vez clarificada situación nesta primeira fase aténdense ás necesidades específicas de cada muller co obxectivo xeral de alcanzar un proxecto de autonomía viable en cada caso.