Inicio Actividades Faladoiros literarios feministas 2021

Faladoiros literarios feministas 2021

Cabeceira FALADOIROS LITERARIOS FEMINISTAS

En colaboración coa UNED de Pontevedra.
Data: Mércores 10 e 17 de marzo de 19.00 a 20.30h.

Dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade de Pontevedra co gallo do Día Internacional da Muller destaca a realización online dos Faladoiros Literarios Feministas que se poderán seguir a través da páxina web da UNED, previa inscrición gratuíta.

Dúas conversas sobre literatura, mulleres, igualdade, feminismo, memoria e violencias.

  • 10 de marzo contaremos con Luz Darriba e Iria Vázquez Silva que presentarán os seus libros “Abril” e “Cómplices. A violencia machista institucional”. Modera a xornalista Ana López Suárez (Faro de Vigo).
  • 17 de marzo as convidadas serán Eva Mejuto Rial e Elisabeth Oliveira que presentarán os seus libros “A lavandeira de San Simón” e “Libres e vivas”. Modera a xornalista Sara Vila Alonso (Diario de Pontevedra).

Enlace á inscrición: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/24199

REDES SOCIAIS

6,205FansGóstame
907SeguidoresSeguir
413SuscritoresSuscríbete

CARTEL

Cartel FALADOIROS LITERARIOS FEMINISTAS

Máis información das autoras e as obras:

Abrill - libro
Luz Darriba - autora

Abril pon o foco na ditadura militar da Arxentina, que a autora nada no Uruguai viviu na súa mocidade, e as consecuencias sociais e individuais que supuxo para toda unha xeración. A artista plástica, que reside en Lugo desde 1990 e ten lazos familiares con Pontevedra, dá testemuña neste libro das vidas marcadas por aquela ditadura militar que decorreu entre 1976 e 1983, e que levou ao asasinato, á tortura, ao encarceramento e tamén á desaparición de 30.000 persoas, e practicou a apropiación sistemática de bebés e de menores. A pesar da súa dureza, Abril é unha novela chea de esperanza que “tece entre Galiza e o río da Prata, os fíos dunha manta que nos abeire e nos salve da barbarie dun pasado que esixe reparación e esperanza”, segundo reza a contracapa do libro. Luz Darriba formou parte de Foeminas, a primeira revista virtual feminista do país, entre 2005 e 2008, e en 2010 retomou a súa vocación literaria. Ademais de colaborar na sección de Opinión de Nós Diario, publicou Toda a xente errante, Xoguetes para nenos cegos e O que o vento non se levou. No ano 2012 foi merecedora do Premio Ánxel Fole de Narración Curta.

Complices - libro
Iria Vazquez - autora

“Cómplices. A violencia machista institucional” (Coord. Iria Vázquez Silva) Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo contacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario. Iria Vázquez Silva é Doctora en Sociología pola UDC. Especialista en Estudios de Género pola UAB (2006) e pola UVigo (2008). Investigadora no campo da socioloxía de xénero e das migracións. Profesora interina de socioloxía na UVigo. Integrante del Grupo de Estudios Territoriales de la UDC. Coordinó con Laura Rodríguez Salgado, el libro Muller inmigrante, lingua e sociedade (2017)

A lavandeira San Simon - libro
Eva Mejuto - autora

“A lavandeira de San Simón” Primeiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia. A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir. Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster “Libro Ilustrado e Animación Audiovisual” da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela “22 segundos” foi a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017) que prosigueu con “Memoria do silencio” (2019)

Libres e Vivas - libro
Elisabeth Oliveira - autora

“Libres e vivas” é un libro colectivo, unha antoloxía de relatos de dez autoras de primeiro nivel en Galicia que logrou reunir Galaxia no seu novo proxecto editorial. Todas elas reflexionan nas súas historias sobre cuestións relacionadas coa igualdade, o terrorismo machista, a violencia patriarcal ou o dereito das mulleres para vivir en liberdade e sen medos. Un destes relatos está asinado por unha autora pontevedresa: Elisabeth Oliveira que ata o de agora centrara a súa traxectoria na poesía. De feito, Náufragas no mar e na terra-o seu anterior poemario (publicado en 2019)-, xa abordaba a tematica do feminismo. O seu relato é o de Lara, unha muller cunha vida asentada “do máis banal e normal do mundo”, segundo a súa creadora, que debe enfrontarse con recordos “que tiña escondidos e apagados” e que lle fan rememorar “violencias do pasado”. Elisabeth Oliveira é profesora de francés no instituto Valle Inclán de Pontevedra e o seu traballo diario faille ver que aínda hai moitas rapazas que non identifican situacións de abuso ou de acoso e ven “normal” ou mesmo “desexable” que os seus noivos lles revisen o teléfono móbil “porque para elas é unha proba de amor”, mentres que a eles “cústalles moito” darse conta de que os roles atribuídos a homes e mulleres “son nefastos e negativos”.