O Consello Municipal da Muller foi aprobado polo Concello de Pontevedra en outubro de 2000 cos seguintes obxectivos:
- Estudiar e emitir informes sobre os temas que considere de interese para a muller.
- Promover e dar prioridade ás iniciativas da Concellaría e doutras institucións derivadas de análises, estudos e demandas realizadas sobre temas relativos á muller.
- Potenciar a coordinación entre as institucións que actúen neste eido
- Propoñer actuacións e acordos ás diversas concellarías, á Corporación e aos Consellos municipais e cantas outras institucións incidan coas súas actuacións, ou cosas súas omisións, no ámbito da muller.
- Analizar as actuacións e intervencións que no ámbito da muller se produzan no municipio para darlles resposta
- Informar, debatir e difundir temas sobre dereito das mulleres.
- Apoiar e fomentar o asociacionismo das mulleres para acadar maior participación e solidariedade
- Velar pola aplicación do principio de igualdade nas actuacións municipais.
- Participar na elaboración do Plan Municipal de Igualdade
- Propoñer actuacións para a igualdade no municipio.
- Denunciar as situacións de discriminación que se produzan de cara á muller.