nAmorAndo xorde como un traballo que pretende involucrar a nenas, nenos e adolescentes na loita contra a violencia de xénero, desde o cambio das súas propias actitudes e desde o traballo constante na súa forma de entender as relacións e os seus comportamentos e expresión de emocións como homes e mulleres.
Trabállase en 4º de Primaria e 4º de Secundaria, ao longo de sete semanas consecutivas, unha hora por semana.
Ao longo das sesións, trabállase con música, curtas, fragmentos de películas, role-playing, teatro, xogos… que permiten ao alumnado participar do cambio de actitudes a través do debate, a reflexión, a expresión de emocións e a empatía con circunstancias que propician violencia e, en moitas ocasiones, morte.
O traballo de intervención comeza e termina cunha avaliación para ver a evolución do proceso.
Durante o transcurso do programa trabállase para desmontar mitos sobre o amor romántico, identificar relacións baseadas na desigualdade, romper estereotipos sexistas que manteñen ideoloxías machistas e axudar a expresar emocións abertamente como signo de valentía, e afastándoas de realidades estereotipadas.
Así mesmo, trabállase fóra do aula para dar a oportunidade ao alumnado de difundir as súas mensaxes ao mundo con formatos diferentes: vídeos, arte urbana…