Asesoramento social sobre a violencia contra a muller

O asesoramento social quere apoiar á muller, informala sobre os seus dereitos e propoñer alternativas para rematar coa situación de malos tratos, creando novas oportunidades e romper co ciclo de violencia ao que se ve sometida.

Tarefas a realizar nos casos de maltrato:

  • Informar, valorar e orientar ás mulleres que sofren violencia de xénero en canto aos recursos existentes
  • Desenvolver programas de intervención para proporcionar recursos e medios que faciliten a integración social da muller
  • Xestionar a tramitación das axudas que correspondan
  • Derivar á muller aos Servizos Sociais especializados cando a situación persoal desta así o requira

Recursos: