Baixo o lema “Sen o meu si, non”, púxose en marcha en agosto de 2019 a nova campaña de concienciación, prevención e loita contra a violencia sexual do Concello de Pontevedra.
Esta campaña quere visibilizar aqueles comportamentos e condutas xa normalizadas que pasan desapercibidas e alimentan a cultura da violación.
Inclúe a elaboración e difusión de materiais informativos (manual e dípticos) e de concienciación (vídeos e cartelería).