Inicio Actividades Faladoiros feministas Marzo 2022

Faladoiros feministas Marzo 2022

Banner Faladoiros Feministras 2022

Dentro do programa de actividades programadas pola Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra co gallo do Día Internacional da Muller haberá un destacado espazo para a reflexión a través da realización de tres Faladoiros Feministas organizados en colaboración coa Vicerreitoría do Campus Universitario de Pontevedra que se celebrarán na Casa das Campás os mércores 9, 16 e 23 de marzo en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Consistirán en tres conversas informais sobre mulleres, igualdade, axenda feminista, retos, saúde, literatura e violencias presentadas pola concelleira de igualdade, Yoya Blanco, na que todas as asistentes teremos voz.

Este ano poderán seguirse de xeito presencial ata completar aforo e tamén en streaming a través da canle de YouTube do Concello. Para asegurar a praza na Casa das Campás, recoméndase facer reserva no CIM  a través do teléfono 986 864825 ou do mail igualdade@pontevedra.eu

Podedes inscribirvos tamén para seguilo en streaming e enviarémosvos un enlace directo ao voso correo electrónico.

Este é o programa:

  • 9 de marzo: Retos pendentes do feminismo na educación e xustiza. ConLola Varela Salgado e Belén Rubido de la Torre. Modera a directora do CIM, Rosa Campos Briones.
  • 16 de marzo: A necesidade de incorporar a perspectiva de xénero á saúde. Con Lola Ferreiro Díaz e Verónica Ramilo Graña (asociación QuerEndo, Mulleres con Endometriose). Modera a directora do CIM, Rosa Campos Briones.
  • 23 de marzo: Faladoiro literario feminista. Con María Xosé Porteiro GarcíaSara Vila Alonso, ao fío das súas obras “Cobardes” e “Oito días sen Eva Cortes”. Modera a axente de igualdade do CIM, Mercedes Renda Melón.

De seguro serán ben interesantes.

Faladoiro 1 RETOS
Faladoiro 2 SAÚDE
Faladoiro 3 LITERARIO

3º Faladoiro Feminista Marzo 2022

REDES SOCIAIS

6,205FansGóstame
907SeguidoresSeguir
413SuscritoresSuscríbete

CARTEL

cartel Faladoiros feministas 2022