Prevención da violencia sexual na xente nova
Unha das violencias máis difíciles de detectar pola súa invisibilidade na sociedade é a violencia sexual perpretrada contra a poboación menor tanto polas características das vítimas como pola relación que teñen os agresores con estas. A formación dos profesionais que traballan neste ámbito así como o coñecimento do que os menores poden ou non aceptar son área prioritarias de traballo para poder detectar tales prácticas abusivas nos primeiros momentos e evitar asi unhas peores consecuencias.
Por este motivo o Instituto da Muller publicou unha convocatoria de subvención para participar nas accións do denominado Programa IRENE a través da sinatura dun convenio entre esta entitade e o Concello
A través das accións programadas en colaboración co Instituto da Muller o Concello implementará ao longo dos anos 2013 e 2014 os seguintes tipos de actividades:
- Xornadas de Información sobre agresións sexuais dirixidas as ampas, asociacións de mulleres, veciñais e público en xeral co fin de sensibilizar sobre as dimensións que teñen as agresións nos menores, a situación legal destes delitos as formas de detectarlos e os recursos dos que dispoñemos.
- Obradoiros de prevención/información da violencia sexual dirixidos ao alumnado de secundaria e formación profesional. O seu obxectivo é o de ensinar e previr situacións de violencia mellorando tanto o coñecimento das mesmas como a resposta que poden dar e tendo especial interese en detectar as novas formas de violencia sexual a través de Internet.
- Obradoiros de formación de asistencia primaria a vítimas de violencia sexual, dirixidos a profesionais que poidan ter relación directa coas vítimas como os Corpos e Forzas de Seguridade, Servizos Sociais, Servizos Sanitarios, etc. A finalidade primordial sería ofrecer unha atención adecuada á vítima evitando as posíbles vitimizacións secundarias tan correntes neste tipo de delitos.