Inicio Actividades Protocolo Diversión Asegurada

Protocolo Diversión Asegurada

Protocolo de actuación
fronte ás violencias sexuais
en espazos de ocio nocturno

Benvido/a á páxina web do Concello de Pontevedra sobre o Protocolo de actuación fronte ás violencias sexuais en espazos de ocio nocturno. Aquí poderás atopar toda a información necesaria sobre o programa “Diversión Asegurada”, deseñado para previr e actuar contra calquera tipo de violencia machista nos locais de ocio.

Nesta sección, poñemos á túa disposición os documentos clave para entender o protocolo e os seus obxectivos, incluíndo o díptico informativo, o protocolo completo e as follas de solicitude e compromiso de adhesión e a folla de rexistro e seguimento. Ademais, unha vez que a adhesión estea feita, poderás acceder á guía formativa e ás pílulas de vídeo para a formación do persoal dos establecementos e eventos adheridos.

O noso obxectivo é artellar unha resposta integral ante a violencia sexista, contribuíndo a xerar un modelo festivo e de lecer nocturno baseado no respecto ás liberdades individuais e colectivas.

Se tes interese en adherirte ao protocolo, infórmate descargando este díptico e envíanos a igualdade@pontevedra.eu a solicitude e o compromiso de adhesión asinados, que podes descargar abaixo, e contactaremos contigo para seguir co proceso de formación.

logo Diversión Asegurada - fondo branco

Protocolo completo

Obtén o documento completo do “Protocolo de actuación fronte as violencias sexuais en espazos de ocio nocturno do Concello de Pontevedra”. Este protocolo é unha ferramenta para a prevención e actuación contra a violencia machista en espazos de ocio nocturno.

Solicitude de adhesión

Descarga o formulario para solicitar a adhesión ao protocolo. A solicitude pode ser realizada por persoas ou entidades titulares de establecementos de ocio nocturno, organizadores de eventos, asociacións profesionais e outras entidades que participen en actividades de ocio nocturno no municipio.

Compromiso de adhesión

Accede ao documento que detalla os compromisos que as entidades asumen ao adherirse ao protocolo. Estes compromisos inclúen aplicar as pautas do protocolo, facer visible o rexeitamento á violencia machista, garantir a confidencialidade das vítimas, proporcionar formación ao persoal e colaborar na difusión de campañas.

Folla de rexistro e seguimento

Descarga o modelo de folla para rexistrar e seguir as situacións de violencia. Esta folla permite recoller información sobre os feitos, a atención e as actuacións realizadas, pero sen rexistrar datos persoais da vítima ou da persoa agresora para asegurar o seu anonimato.

Acceder á formación online

A formación online está composta por unha guía e catro vídeos duns 10 minutos de duración cada un aos que se accede cun contrasinal que vos enviaremos por mail despois de feita a adhesión.

Esta formación está deseñada para axudar a recoñecer situacións de violencia sexual e saber como actuar. Aborda temas como o consentimento, a detección de sinais de risco as pautas de actuación en diferentes escenarios e un directorio dos distintos recursos dispoñibles.

Entidades adheridas ao protocolo