Infancia e Adolescencia

Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero

O Concello de Pontevedra, xunto coa Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo coorganiza a Xornada “Infancia e adolescencia: una cara oculta da violencia de xénero”, que se celebrará o sábado 26 no Pazo da Cultura.

O obxectivo desta Xornada é dar a coñecer os resultados dun traballo de investigación, inserido no Proxecto REDES da Universidade de Vigo, relativo a diferentes aspectos da violencia de xénero exercida sobre a infancia e a adolescencia, que constitúen unha cara oculta da violencia de xénero, así como proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención e a intervención en diferentes ámbitos.

Para isto, contaremos coa visión de diversas expertas nos eidos da psicoloxía, da educación, da saúde, da xustiza e do asociativo.

Programa e inscrición:
www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-infancia-e-adolescencia-unha-cara-oculta-da-violencia-de-xenero

COMPARTIR