Crea 8 de marzo tamén chega ao cine

    • A Concellaría de Igualdade programa catro películas en colaboración co Cineclube Pontevedra na que a muller é fío condutor.

A Concellaría de Igualdade continúa nestes días coa difusión dos actos organizados polo Concello con motivo da celebración do Día 8 de marzo, Día internacional da muller traballadora, baixo o paraugas da campaña “Crea 8 de marzo”. Ademais do Encontro de mulleres columnistas “As mulleres que opinan son perigosas” que se celebrará esta semana (venres e sábado) no Teatro Principal, a Concellaría programou tamén un ciclo de cinema temático sobre a muller en colaboración co Cineclube Pontevedra.

No mes de marzo, o Principal acollerá as seguintes películas:

    • Luns, 5 de marzo. Visións. De varias autoras. Do ano 2016. Feita en Pontevedra e ten unha duración de 70´

Filme apoiado pola Deputación provincial e creado por Xisela Franco, Eva Calvar, Olaia Sendón, Sonia Mendez, Claudia Brenlla, Diana Toucedo, Lara Barcelo, Carme Nogueira, Carla Andrade, Begoña M Santiago e Andrea Zapata. É unha película na que as directoras fixeron de cámaras e montadoras e o resultado é un filme íntimo e poliédrico onde o cine e a arte fúndense ofrecendo dez miradas poéticas e xenuinas.

    • Luns, 12 de marzo, Alanis, de Anahí Berneri. 2017. Arxentina (82´). Película na que o peso o leva a protagonista, Alanis, traballadora sexual que trata de loitar por atopar un lugar na sociedade.
    • Xoves, 22 de marzo. Toni Erdmann, de Maren Ade. 2016. Alemaña (162´). Filme que propón reflexionar sobre o pasado e o distanciamento entre as persoas, empregando o relato dun pai e dunha filla.
    • Luns, 26 de marzo. A cicatriz Branca. Margarita Ledo. 2012. Galicia/Arxentina (92´).  Película que relata o día a día das mulleres que saíron soas de Galicia cara América.
COMPARTIR