Protagonismo feminino no Voices 2019 con Luísa Sobral e Lila Down

A concelleira de Cultura Carme Fouces e Carlos Montilla de I-Radia Crea desvelaron o pasado 27 de decembro dous dos nomes que formarán parte de Voices 2019, a terceira edición dun ciclo xa consolidado que aposta por artistas -vocalistas e instrumentistas- que transcenden o ámbito musical, por artistas con discurso propio e compromiso coa cultura e socialmente.

O pano do Auditorio do Pazo da Cultura levantarase o 13 de abril, ás 21 horas, para a acoller á compositora e cantante portuguesa Luísa Sobral que presentará o seu último álbum “Rosa”, inédito até o 25 de xaneiro no Estado Español.

O 21 de xuño, ás 21 horas, será a quenda da mexicana Lila Downs que ten en Pontevedra a única parada en Galicia e unha das catro no Estado na súa xira internacional que ten como centro o traballo “Salón Lágrimas y Deseo”, premiado co Latin Grammy ao Mellor Álbum Tradicional Pop.

As entradas están á venda en www.ataquilla.com ou tel 902.504500 ou na Casa da Luz. Existe un abono de 58 euros para as tres citas, que ademais de supor un aforro dun 20% inclúe a posibilidade de participar en actividades (charlas, encontros…) cos artistas.

Voices é tamén unha plataforma para artistas locais, xa que en cada un dos concertos do ciclo subirá ao escenario algún artista local que interpretará unha ou dúas pezas fronte ao público que sempre enche o Pazo en resposta ás propostas musicais e escénicas deste consolidado ciclo.

LILA DOWNS  https://www.dropbox.com/sh/b7gomoy8wzgsaq8/AADaQ84UhKrDussjkro8QmUKa?

LUÍSA SOBRAL. https://www.dropbox.com/sh/mwirb06rgdzxqir/AADhIdYnFiAih38KG2WWa-Kla?dl=0dl=0