Día Internacional contra a trata de persoas

Actualmente, mais de 12 millóns de persoas son vítimas de trata no mundo das que un terzo son vítimas infantís e un 70% do total son mulleres e nenas principalmente destinadas á explotación sexual.

O 30 de xullo conmemórase o Día Mundial contra a Trata de Persoas que decretou Nacións Unidas en 2013, co obxectivo de concienciar á poboación e aos gobernos sobre esta problemática mundial, así como da necesidade de traballar para erradicar esta explotación e de protexer e axudar ás vítimas na súa recuperación.

Que é a trata de persoas?

A trata de persoas é un delito que consiste na captura e/ou traslado de persoas para a súa explotación, a través de enganos, ameazas, uso da forza, abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade. As persoas vítimas de trata poden ser obrigadas a realizar traballos forzados, a participar de actividades delitivas, ou tamén poden ser vítimas de explotación sexual (este é o caso para a meirande parte das vítimas mulleres) e incluso de extracción de órganos.

A ONU estima que, en 2018, 2,5 millóns de persoas no mundo foron vítimas de trata. Sen embargo, outras fontes calculan que, por cada vítima identificada, hai polo menos 20 mais sen identificar.