A concelleira de igualdade, Anabel Gulías, presentou hoxe o programa de actividades que co gallo do Día Internacional da Muller se vai a levar a cabo nas vindeiras semanas baixo o lema ÁBRELLE A PORTA AO FEMINISMO.
Despois do despregamento da pancarta na Casa Consistorial, na que está reflectido que “o 44% dos homes cre que se chegou demasiado lonxe na promoción da igualdade (CIS, 2023). Ábrelle a porta ao feminismo”, Anabel Gulías, concelleira de igualade, explicou a mensaxe que queren lanzar con ese lema.
Nunha enquisa realizada polo CIS en 2023, “o 44% dos homes crían que as políticas de igualdade tiñan chegado demasiado lonxe”, indicou Gulías. Isto “produciunos unha sensación de desazón” porque considera que “hai unha parte importante de persoas que teñen problemas co concepto do feminismo, e decidimos centrar a nosa campaña en falar del, abrirlle as portas e seguir traballando”.
“O feminismo é imprescindible para mellorar a sociedade na que vivimos”, por iso na campaña “interpelamos con mensaxes moi clariñas e con certa retranca para chegar a eses homes que aínda cren que o feminismo chegou demasiado lonxe”. Interpelan a Santi, Luis, Rafa, Arturo, Pablo ou Bertín, explicándolles que “se dominas igual a lavadora que o equipo de música”, “se xa non che fan graza os chistes machirulos”, “cando lle recoñeces as boas ideas a unha compañeira”, “se deitas os teus fillos mentres a túa muller vai tomar unhas cañas, “se na túa familia a que conduce é unha muller” ou “se respectas o dereito das mulleres a ir tranquilas pola rúa… Estás a abrirlle a porta ao feminimo. É chegar demasiado lonxe?”.
Deseñáronse diversas gráficas neste estilo que se irán compartindo nos vindeiros días en redes sociais, cartelería polas rúas e anuncios en radio e prensa coa intención de xerar reflexión e debate entre a cidadanía.
A campaña deseñada complétase coa seguinte PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES, que xa arrincaron o pasado luns coa lectura do manifesto do 8 de Marzo no Pleno Municipal a cargo da súa autora, Martiña Alexandra Riobó Touriño, alumna do IES Valle Inclán e presidenta do seu equipo de Igualdade en representación do Consello da Muller Nova e a presentación o mércores do do VI encontro As mulleres que opinan son perigosas e o segundo premio de xornalismo de opinión “Mulleres que opinan”.
- Venres, 1 de marzo ás 11.00 h. Balcón da Casa Consistorial. Despregue da pancarta do 8M « Ábrelle a porta ao feminismo ».
- Xoves, 7 de marzo ás 20.00 horas no Teatro Principal. Cinefórum. Proxección e posterior coloquio sobre o filme “O CORNO” dirixido e escrito por Jaione Camborda que fala da maternidade e os dereitos reprodutivos das mulleres desde distintos puntos de vista e onde a sororidade xoga outro papel fundamental.
- O corno fixo historia en 2023 ao ser o primeiro filme galego e en galego en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia e Jaione Camborda converteuse na primeira directora española que recibiu este galardón nos 71 anos de historia do festival, mostra de todo o que queda por avanzar no mundo do cine.Posteriormente haberá un coloquio coa directora, Jaione Camborda, e a especialista en Historia do Cine e xestión cultural e socia de CIMA (Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais) Elena García Román e a concelleira de igualdade, Anabel Gulías Torreiro. Entrada libre e de balde ata completar aforo.
- Venres, 8 de marzo ás 18.00 horas. Praza de España. Festa feminista polo Día Internacional da Muller. Actuación musical de dúas coñecidas artistas, La Yaya DJ e Señora DJ para ambientar o antes e despois da manifestación feminista, animando a participación sen perder a perspectiva reivindicativa.
- Venres 16 (de 12.00 a 20.30) e sábado 17 de marzo (de 12 a 20.30). Teatro Principal. VII Encontro das mulleres que opinan son perigosas.
Actividades do 8M dentro do Salón do Libro:
- Luns 4 de marzo: 18.00 h Espectáculo de narración oral Descubrindo magas de Raquel Queizás no Salón de actos, para público familiar
- Mércores, 6 de marzo: 18.00 h Sesión de contos e ilustración Que mal día, gato Klops! de Estefanía Padullés na Biblioteca do Salón | A partir de 6 anos
- Xoves, 7 de marzo: 18.00 h Sesión de contos e música O chintófano de Dorothé de Sonsoles Penadique na Biblioteca do Salón para Público familiar
- Venres, 8 de marzo. Celebramos (e reivindicamos) o Día da muller
- 17.15 h Obradoiro Contas moito de Taller Abierto Reservas en info@tallerabierto.gal De 7 a 12 anos
- 17.15 h Obradoiro de cociña e contos Máxica cociña: superheroínas con mandil de Reviravolta Espazo Gastro. No Recinto feiral | De 4 a 10 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- 17.15 h Obradoiro de ilustración Un pouco de maxia… e a voar! de Aida Alonso Arkandemia | A partir de 4 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- 17.30 h Contos para bebés Entre contos e cantigas Pavís Pavós na Cova dos Libros Fantásticos | De 0 a 3 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- 8.00 h Espectáculo de maxia Fábrica de feitizos e igualdade de A Maga Fani no Recinto feiral | Público familiar
- 19.00 h Obradoiro de videoxogos Mulleres ao poder! de MUVI no Recinto feiral | A partir de 6 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- 19.00 h Concerto Máxica música de Odaiko no Auditorio | Público familiar Entradas en Ataquilla.com | Prezo: 3€
- Sábado, 10 de marzo: 11.30 h Gabinete de curiosidades. As cousas que non vemos de Itziar Ezquieta no Recanto de Arte e Maxia | A partir de 5 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- Venres, 15 de marzo
- 17.15 h Obradoiro de cociña e contos. Máxica cociña: a receita das bruxas de Reviravolta Espazo Gastro. No Recinto feiral | De 4 a 10 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- 18.00 h Sesión de contos. Contos de meigas de Paula Carballeira no Recinto feiral | Público familiar
- Sábado, 16 de marzo: 11.30 h Gabinete de curiosidades. As cousas que non vemos de Itziar Ezquieta no Recanto de Arte e Maxia | A partir de 5 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- Domingo 17 de marzo:
- 11.30 h Obradoiro de comic. Meigatas de Paula Cheshire no Recanto BD | A partir de 8 anos Reserva anticipada en salondolibro.gal
- 12.00 h Cinema no Principal Nicky, a aprendiz de bruxa de Hayao Miyazaki | Cineclube Pontevedra Teatro Principal | Familias con crianzas + de 5 anos 101 min | Acceso libre ata completar cabida
- 12.30 h Espectáculo de maxia Magos e magas na literatura de Magia en la Manga no Recinto feiral | Público familiar
Actividades nos centros educativos
No mes de abril volverán aos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello os Contacontos «Somos iguais, contos para a igualdade » despois do éxito de anteriores convocatorias.
Actividades para 2º ciclo de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de Formación Profesional ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
Vanse ofrecer a todos os centros diversas actividades deseñadas en función das idades ás que van dirixidas para traballar temáticas variadas como a formación en valores e actitudes de igualdade libres de estereotipos, a mellora da propia estima, a autonomía de criterio e o pensamento crítico, a identificación das relacións afectivas desde o respecto e a equidade, a prevención da violencia de xénero a través das redes sociais, a educación sexo-afectiva saudable e positiva, a creación de contidos plurais, diversos e igualitarios en redes ou a prevención das violencias sexuais.
- Obradoiros “Machismo Game Over”, “Xincana da corresponsabilidade” e “Sexualidade con I de igualdade” para Educación Primaria.
- Obradoiros “Gamers e influencers”, “Hackeando o machismo” e “O buzón vermello” para Educación Secundaria e Formación Básica.
- Obradoiros “Error 404: Igualdade not found”, “Trivial, canto sabes de educación sexual?” e “Outra charla de igualdade?” para Bacharelato e ciclos de Formación Profesional.
No marco da Escola Feminista da Mocidade (Oficina de Xuventude) vanse celebrar 2 actividades: ( IDADES: preferencia 15-35 anos. As persoas maiores desta idade poden facer a solicitude igualmente)
- Curso de historia dos movementos feministas.
- A Cuarta Ola do movemento feminista. Os movementos feministas ata a actualidade. Ecofeminismos e feminismos interseccionais e poscoloniais.
- Horario: 17.00-20.00
- Datas: Martes 12, 19 e 26 marzo 2024
- Imparte: Iria Vázquez Silva, profesora de Socioloxía da UVigo e experta en xénero
- Obradoiro “Como axudo? modos de acompañamento nas violencias machistas
- Modos de acompañamento a afectadas por violencias machistas: estratexias de comunicación. Procesos, achegas e comportamentos para acompañar. Recursos
- Horario: 10.00-20.00 (con descanso a mediodía)
- Data: sábado 9 de marzo 2024
- Preisncrición para ambas actividades en https://apuntate.pontevedra.gal/