Campaña 2007

A violencia contra a muller constitúe unha manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre o  home e a muller, e é un dos mecanismos sociais fundamentais polos que se forza a unha muller a unha situación de subordinación respecto do home.

Para eliminar esa lacra da nosa sociedade debemos ter claro en que consiste, porque as produce e cales son as súas consecuencias.

Os medios de comunicación xogan un importante papel na  transmisión dos valores fundamentais da nosa sociedade polo que é importante que haxa un rexeitamento total sobre os comportamentos violentos que forman parte da violencia masculina contra as mulleres.

A violencia de xénero refírese a toda conduta de violencia baseada na pertenza da vítima ao sexo feminino.

Material da campaña