Campaña 2010

A Campaña de 2010 incluíu a organización do tradicional acto «Coa túa palabra», que se celebrou na galería Sargadelos. O acto consistiu na lectura de textos por parte de cidadáns con pequenas pezas musicais en directo intercaladas.

Dende a Concellaría de Igualdade animouse a todas as mulleres a empoderarse, é dicir, a que compitan cando sexa necesario para ocupar postos de responsabilidade na sociedade e destacou que acadada a igualdade formal, por medio da progresiva aprobación de todo un corpo lexislativo, agora cómpre pelexar pola igualdade real.