Campaña 2012

O Día Internacional da Muller 8 de marzo de 2012 estivo enfocada no entorno laboral da muller e a repercusión que nos seus dereitos terá a recente reforma laboral.

Baixo o slogan: “Futuro, traballo, estabilidade, tamén son os nosos dereitos”, celebrouse na Casa das Campás, a partir das 18.00 horas, a lectura de textos vencellados a este contexto.

Estaban convocadas todas as asociacións vinculadas ao mundo da muller, así como outras entidades, persoeiros,… Tamén participaron cidadáns anónimos.

No tempo tamén coincidiron outras iniciativas como unha conferencia sobre Mulleres mariscadoras: traballo e creatividade. No Valle-Inclán a partir das 20.00 horas.

Tamén se fixo unha performance “Facendo historias de muller” na praza da Peregrina.